Accidente Deportivo

URXENCIAS

Protocolo resumido para urxencias

Nacid@s entre 2001 e 2010
Ambos Incluídos

Están amparados polo plan XOGADE. Non é necesario trámite previo para acudir ós centros médicos concertados de dito plan tanto para urxencias como para atencións non urxentes

Centros médicos concertados Plan XOGADE
Protocolo completo Plan XOGADE

Resto de idades

No caso de urxencias (atención sanitaria, que de demorarse poda comportar un agravamento da lesión, dolor extremo ou necesidad de acudir inmediatamente no momento posterior ó accidente), sempre cando esta asistencia sexa Obxeto do Seguro, e dentro das 24 horas posteriores o accidente, deberás chamar o seguinte número 24 horas, no que se coordinará a asistencia de urxencia no centro concertado.

902.108.509

Nº Póliza: 38301323

Centros médicos concertados de URXENCIAS


CONDICIÓNS XERAIS E RESTO DE ATENCIÓNS

GASTOS DE XESTIÓN

Todo accidente deportivo que non se produza dentro dunha proba (competición ou marcha) ou que non estea recollido no acta de dita proba, terá un coste de 20 € en concepto de gasto por xestión e tramitación do accidente. Están exentos de abonar dito importe de 20 € os menores de 16 anos.

En calquera caso, están excluidas todas aquelas lesións consecuencia da participación do deportista federado en eventos non federados, nos cales será reponsable da totalidade da asistencia sanitaria, a compañía aseguradora do mesmo.

 

ATENCIÓNS NON URXENTES POR ACCIDENTE DEPORTIVO

A continuación no seguinte enlace, pódese acceder ó protocolo completo de actuación en caso de accidente que non precise atención urxente, e ó listado completo de tódolos centros e especialistas concertados. Ler detidamente o protocolo antes de acudir ós centros.

Protocolo completo de actuación en caso de accidente (Resto de Idades)

Listado de tódolos centros médicos concertados e especialistas

Consulta de pólizas