Convenios

Grazas a convenios privados suscritos entre a Federación Galega de Ciclismo e diferentes empresas privadas, os Clubes e deportistas federados poderán optar a unha serie de beneficios que se detallan a continuación. Recorda que tamén tes a túa disposición coma federado, os descontos que se ofrecen por parte da Real Federación Española de Ciclismo a través do Clube VIP Ciclista

¿Eres empresa e queres facilitar unhas condicións especiais os nosos deportistas? Ponte en contacto con nós a través deste formulario.

Para Deportistas

Fisioterapia Cian

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) e a clínica Fisioterapia Cian alcanzaron un acordo para que os federados que presenten o carnet acreditativo gocen dun desconto do 20% sobre a tarifa habitual deste centro.

As instalacións desta clínica sitúanse na cidade de Lugo, na praza Augas Férreas, nº8, baixo. Os teléfonos de cita previa son: 982 801 909 / 604 009 912

Máis información na súa web  www.fisioterapiacian.com

Patoloxías susceptibles de tratamento:

- Fracturas

- Escordaduras

- Luxacións

- Roturas fibrilares

- Sobrecarga muscular

- Cervicalxias, dorsalxias e lumbalxias

- Fascitis plantar

- Tendinite

Fisioterapia Cian ofrece un tratamento individual e personalizado para cada paciente e patoloxía.

Manzaneda Bike Park

Os corredores con licenza galega poderán gozar de descontos no Manzaneda Bike Park grazas ao convenio rubricado pola Federación Galega de Ciclismo e Oca Hotels. 

Neste acordo recóllese a rebaixa dun 15% presentando a tarxeta de federado para o forfait de día durante a temporada 2017. Esta oferta non é acumulable a outras. 

O Bike Park de Manzaneda é unha área específicamente creada para a práctica do mountain bike nas súas diversas modalidades e organizada en distintos circuítos para todos os niveles.

Máis información aquí

Caldaria, Xurés termal bike

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) vén de subscribir un novo convenio para que os seus federados se beneficien de novas vantaxes. Nesta ocasión o acordo alcanzouse con Caldaria, a empresa que xestiona o Xurés Termal Bike. No arquivo adxunto pódese consultar o completo programa que ofrece este destino turístico no que os ciclistas galegos poderán aproveitar dunha oferta especial do 10% de desconto.

Xurés Termal Bike reúne dous dos principais recursos da Reserva Mundial da Biosfera Xurés-Gerês, un dos parques naturais transfonterizos máis grandes de Europa: o termalismo de Caldaria e as rutas de BTT e de ciclismo de estrada existentes nesta comarca natural que abarca territorio de dous países: España e Portugal.

O destino conta co Centro BTT Serra do Xurès, onde existen dous puntos de acollida, un en Maus de Salas(Muiños), xestionado por AvivaCenter, e outro no Complexo Turístico-Deportivo O Corgo (Mugueimes-Muiños) e cun Punto de Información no Balneario de Lobios; e rutas turísticas homologadas que, ademais de facilitar a práctica da devandita actividade, tamén funcionan como áreas naturais de interpretación de patrimonio cultural e natural. E todo iso enmarcado na actividade da estación termal, na que se ofrecen diferentes tratamentos de saúde, relax e benestar, un magnífico complemento á práctica deportiva.

O Hotel Balneario Lobios é punto de información BTT Galicia (o que permite facer consultas sobre máis de 30 rutas BTT, estrada e paseo) e está adherido ao selo de calidade Bikefriendly.

Grazas a convenios privados suscritos entre a FGC e diferentes empresas privadas, os clubes e deportistas federados poderán optar a unha serie de beneficios que se detallan neste enlace. Recorda que tamén tes a túa disposición coma federado, os descontos que se ofrecen por parte da Real Federación Española de Ciclismo a través do Clube VIP Ciclista

Máis información aquí

Aviva Outdoor Sports Center, centro de deporte ao aire libre

Os clubes e ciclistas con licenza da Federación Galega de Ciclismo gozarán dun 15% de desconto nas instalacións de Aviva Outdoor Sports Center. Esta é unha das vantaxes para os federados tras a sinatura dun convenio de colaboración entre a FGC e este centro de deporte ao aire libre situado na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Gerês-Xurés.

Aviva Outdoor Sports Center ofrece os seus servizos para que deportistas, clubes, federacións e profesionais deportivos poidan practicar as súas diferentes modalidades deportivas ao pé da montaña. Ademais é un punto oficial de acollida do programa BTT Galicia. Para máis información visita a súa páxina web.

Grazas a convenios privados suscritos entre a FGC e diferentes empresas privadas, os clubes e deportistas federados poden optar a unha serie de beneficios.

Recorda que tamén tes a túa disposición coma federado, os descontos que se ofrecen por parte da Real Federación Española de Ciclismo a través do Clube VIP Ciclista

FISAÚDE, recoñecemento médico con proba de esforzo para ciclistas

 ¿Que che aporta?

 - Saber se tes algunha contraindicación para andar en bicicleta.

- Saber canto podes “exprimirte” sen medo cando saes cos seus amigos ou se hai algún límite concreto do que non debes pasar.

- Ok médico e certificación para participar nas probas que o esixan (ex., Quebrantahuesos).

- Determinación de umbrais e zonas de entrenamento individuais (VT1 ≈Umbral aeróbico, VT2≈ Umbral anaeróbico ≈ FTP, VO2 máx).

- Identificar a causa da caída ou da falta de melloría no rendemento. Consultas habituáis son:

o “Levo 5 anos andando en bicicleta, os dous primeiros anos cada vez ía máis rápido, pero hai moito tempo que non melloro. ¿Qué estou facendo mal?”

o “Cando vou coa miña grupeta levo sempre 20 pulsacións máis que os meus compañeiros ¿É esto normal?”

- Consellos fundamentais para coidar a saúde e mellorar o rendemento, relacionados coa alimentación, a suplementación, a planificación do adestramento e os períodos de descanso. 

Máis información aquí

GT Nutrition

Ofertas especiais para federados en nutrición deportiva

Máis información aquí

CardioBaiona

Probas de esforzo para ciclistas a un precio especial para federados

Máis información aquí

FisioSaúde Sanxenxo

O centro FisioSaúde Sanxenxo, ofrece descontos e precios especiais para federados.
 

Máis información aquí

Para Clubes

Telefurgo, alquiler de furgonetas

Continuando co seu afán de colaborar e apoiar o deporte, en todas as súas diferentes modalidades e facetas, tanto individuais como colectivas, Telefurgo desenvolve unha tarifa especial, con condicións moi vantaxosas, da que se poderá beneficiar a Federación Galega de Ciclismo, así como todos os clubs agrupados na mesma, e extensible a cada un dos socios/membros de cada un deles.

Máis información aquí

Centro Lug2

El programa sport-Lug2 es un programa destinado a federaciones deportivas y clubs deportivos legalmente constituidos para que puedan hacer a un bajo coste jornadas, encuentros, evaluaciones, programaciones… etc en la ciudad de Lugo

El Centro Lug2 abre sus puertas al deporte para servir de apoyo a las concentraciones deportivas para la juventud gallega y de fuera de Galicia.

Sport-Lug2 es un programa que se puede complementar con actividades de ocio y tiempo libre realizadas por el equipo técnico especializado del Centro.

Máis información aquí

Ambulancias do Nordés

A empresa Ambulancias do Nordés, ofrece servicios para cobertura sanitaria con condiciones especiais a tódolos Clubes.

Máis información aquí