Copa Galicia de Ciclocross '16

Vídeo resumo do IX Ciclocross Maceda

Resumo emitido na TVG2 do IX Ciclocross Maceda - Copa Deputación de Ourense, undécima e última proba puntuable da Copa Galicia 2016.

Fai click neste enlace para ver o vídeo 

 

Foto: Luz Iglesias

Vídeo resumo do Trofeo Horacio Barros

Resumo emitido na TVG2 do Trofeo Horacio Barros, décima proba puntuable da Copa Galicia 2016.

Fai click neste enlace para ver o vídeo

 

Foto: Luz Iglesias

Vídeo resumo do IV Ciclocross Dumbría

Resumo emitido na TVG2 do IV Ciclocross Dumbría, sétima proba puntuable da Copa Galicia 2016.

Fai click neste enlace para ver o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=eh46eYr76gI

 

Foto: Luz Iglesias

Vídeo resumo do Trofeo Concello de Pontevedra

Resumo emitido na TVG2 do I Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocross, sexta proba puntuable da Copa Galicia 2016.

Fai click neste enlace para ver o vídeo 

 

Foto: Luz Iglesias

Vídeo resumo do Trofeo Concello de Boiro

Resumo emitido na TVG2 do Ciclocross Concello de Boiro, oitava proba puntuable da Copa Galicia de Ciclocross 2016.

Fai click neste enlace para ver o vídeo

 

Foto: Luz Iglesias

Isabel Castro e Mauro González puxeron a guinda en Maceda aos seus títulos da Copa Galicia de Ciclocross

Na mañá do día de Noiteboa a segunda edición da Copa Galicia de Ciclocross coroou aos seus gañadores na localidade ourensá de Maceda. Isabel Castro e Mauro González foron os grandes triunfadores nos rankings Elite e Sub23 e puxeron a guinda aos seus títulos nesta undécima e última xornada do certame promovido pola Federación Galega de Ciclismo.

Maceda decide a Copa Galicia de Ciclocross en Noiteboa

O Nadal chega cargado de citas importantes para os especialistas de ciclocross. Este sábado, día de Noiteboa, a segunda edición da Copa Galicia despídese na localidade ourensá de Maceda coa súa undécima e última xornada puntuable. Seis dos nove rankings deste certame autonómico aínda non teñen gañador matemático.

Isabel Castro e Samuel González tamén se amosaron intratables na Copa Galicia do Porriño

Os dous corredores con mellor golpe de pedal a día de hoxe no ciclocross galego dominaron as carreiras Elite e Sub23 do Trofeo Horacio Barros. Isabel Castro e Samuel González  prolongaron as súas xeiras de vitorias na décima e penúltima cita puntuable da Copa Galicia disputada no Porriño. A ciclista do Fornelos sentenciou o ranking feminino co seu sexto triunfo parcial desta campaña e o representante do Salvaterra impúxose por quinta xornada consecutiva.

A Copa Galicia de Ciclocross entra na súa recta final este domingo no Porriño

O ciclocross regresa este domingo a un dos seus escenarios con maior tradición. A localidade pontevedresa de  O Porriño acolle a décima e penúltima xornada da Copa Galicia 2016. Despois da paréntese do pasado ano, os especialistas desta modalidade volverán disputar no circuíto do Velódromo municipal o Trofeo Horacio Barros.

Isabel Castro e Samuel González confirmaron o seu dominio na Copa Galicia de Pontevedra

Despois de anos de ausencia o ciclocross regresou a Pontevedra pola porta grande. O Hipódromo de Campañó acolleu a novena xornada da Copa Galicia, que contou con 259 participantes e na que os dous corredores elite e sub23 máis en forma a nivel autonómico confirmaron o seu doce momento. Isabel Castro (Fornelos) adxudicouse a carreira feminina e deixou vista para sentencia a clasificación xeral, mentres que Samuel González (Salvaterra) acadou o seu cuarto triunfo consecutivo na proba raíña masculina.