Estatutos

TITULO I. DISPOSICIONS XERAIS

CAPITULO I. NATUREZA E FINS

Artigo 1. Denominación, obxecto e enderezo

1.- A Federación Galega de Ciclismo é unha entidade privada de carácter asociativo, con persoalidade xurídica e patrimonio propio.

2.- Ten coma fins a dirección, defensa e promoción do ciclismo en tódalas suas formas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e está integrada na Real Federación Española de Ciclismo. Queda expresamente excluido o fin lucrativo. Asimesmo lle corresponde a representación de Galicia no ciclismo.

3. Por ciclismo enténdese calquera actividade deportiva que se leve a cabo sobre unha bicicleta, sexa en estrada, en montaña, campo a través, en pista ou de calquera outro xeito. Inclúe tanto o ciclismo de competición coma o lúdico, turístico ou de exhibición.

4.- O enderezo da F.G.C. está en Vigo, na rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, baixo, local 2. O cambio de enderezo deberá ser acordado pola Asemblea Xeral se é a outra cidade e pola Xunta Directiva se é dentro da mesma. En todo caso deberá estar ubicado dentro de Galicia.

Artigo 2. Normas Reguladoras
1.- A F.G.C. rexerase polos presentes Estatutos e os sus Regulamentos, a Lei 3/2012 de 2 de abril do Deporte de Galicia e as suas normas de desenvolvemento.

2.- A F.G.C. adhírese expresamente ós Estatutos e Regulamentos da Real Federación Española de Ciclismo e da Unión Ciclista Internacional.

3.- Asimesmo adhírese á Carta Olímpica e ás normas e acordos do Comité Olímpico Internacional e do Comité Olímpico Español.

Artigo 3. Funcións.

1. A Federación Galega de Ciclismo exercerá as funcións propias que lle encomendan estes estatutos e ademáis as funcions públicas de carácter administrativo que lle encomenda o ordeamento xurídico.

2. A Federación Galega de Ciclismo exercerá como funcións propias as seguintes:

a) A convocatoria das seleccións galegas de ciclismo e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa Real Federación Española de Ciclismo, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción do ciclismo.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos plans e progra¬mas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) Colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades ciclistas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa aplicable.

g) Exercé-la tutela e o control dos seus asociados nos termos establecidos polo ordeamento xurídico.

3. Os actos adoptados pola Federación no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son susceptibles de recurso administrativo ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva. Os actos adoptados no exercicio das súas funcións propias poderán impugnarse ante a xurisdición civil ordinaria.

4. Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade pola Federación Galega de Ciclismo, as seguintes:

a) Representar a Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións ciclistas, consonte a normativa que lle sexa aplicable.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licenzas deportivas para a práctica do ciclismo nos termos establecidos nesta lei.

d) Asignar as subvencións e as axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os