Estatutos: Página2 of 18

seus asociados lles dean unha correcta aplicación.

e) Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de governo, así como dos demáis dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos por esta lei e polas súas disposicións de desenvolvemento, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, de ser o caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, no control e na represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na preven¬ción da violencia no deporte. Para estes efectos, e entre outras accións, a Federación instruirá e resolverá os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, consonte o establecido no título VIII da Lei 3/2012.

i) Calquera outra que regulamentariamente se determine.

5. As funcións públicas delegadas serán exercidas pola Federación baixo a tutela da Administración deportiva, que, conforme se determine regulamentariamente, procederá á súa asunción nos casos de extinción da Federación ou cando ésta se atope en situación concursal.

A Federación exercerá as funcións públicas delegadas de forma directa, sen que poidan ser obxecto de delegación ou exercicio por ningunha substitución, sen autorización da Administración deportiva.

CAPITULO II. MEMBROS

Artigo 4. Condición de membros
. 1. Na Federación Galega de Ciclismo intégranse os clubs, as seccións deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados, co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento do ciclismo.

2. A inscrición na Federación Galega de Ciclismo das persoas pertencentes aos colectivos indicados levarase a cabo mediante a expedición da licenza federativa, quedando o titular da mesma obrigado a cumprir os estatutos e regulamentos da Federación Galega de Ciclismo e das Federacións nas que ésta estea integrada.

3. A condición de colectivos interesados no ciclismo recoñécese ós organizadores de carreiras, representantes de ciclistas ou de técnicos, asociacións de ciclistas, asociacións de clubes e asociacións de organizadores de carreiras.

4. A solicitude de licenza deberá ser respostada no prazo de dez días. A Xunta Directiva de la FGC debe asegurarse da identidade e nacionalidade do solicitante, da sua idade, saúde e aptitude para tomar parte en actividades ciclistas correspondentes á categoría da licenza solicitada. Sólo podrá denegarse la licencia de forma escrita y motivada cuando se incumplan los requisitos establecidos para su expedición.

5. Os menores de idade deberán acompañar á sua solicitude a correspondente autorización de menores, suscrita polo pai, nai ou titor. Nela autorizará ó menor a participar en competicións ciclistas asumindo a responsabilidade que puidese derivarse da sua participación nelas.

6. A asemblea xeral da Federación será a competente para aprobar as categorías das licenzas así como o seu prezo e as condicións de expedición de conformidade coa normativa legal e regulamentaria ditada pola Administración deportiva de Galicia.

7. A condición de membro da Federación perderase por:

a) Falecemento das persoas físicas ou extinción das xurídicas

b) Baixa voluntaria

c) Perda dos requisitos esixidos para integrarse na Federación declarada pola Xunta Directiva da Federación previa audiencia do interesado

d) Non renovación da licenza federativa

e) Sanción disciplinaria que conleve a