Estatutos: Página11 of 18

O uso, administración, promoción, incitación e consumo de sustancias ou o empleo de métodos destinados a aumentar artificialmente o rendimento deportivo, así como a alteración das mostras ou procedimientos de control da dopaxe ou a negativa a someterse a eses controles.

Da infracción á que se refire a letra e) poderá ser responsable a presidenta ou o presi-dente da federación, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer outras persoas físicas integrantes dos órganos federativos.

3. Consideraranse infraccións graves as seguintes:

a) A falta de remisión en prazo ou de forma manifestamente incompleta, sen xusta causa, dos expedientes ou da información requirida polo Comité Galego de Xustiza Deportiva.

b) O incumprimento de ordes e instrucións emanadas dos órganos deportivos compe-tentes.

c) Actuar de forma pública e notoria contra a dignidade e o decoro propios da actividade deportiva.

d) A reiteración de faltas leves. Entenderase que hai reiteración cando se sexa sancio-nado mediante resolución firme pola comisión de tres ou máis infraccións leves no período dun ano.

e) O incumprimento grave das obrigas que corresponden á función de xuiz árbitro.

f) As protestas individuales airadas e ostensibles realizadas públicamente contra cargos oficiales e demáis autoridades deportivas con desprecio da sua autoridade.

g) A violación de secretos a cuia guarda se esté obligado por razón do cargo.

Das infraccións ás que se refiren as letras a) e b) poderá ser responsable a presidenta ou o presidente da federación, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer outras persoas físicas integrantes dos órganos federativos.

4. Consideraranse infraccións leves as seguintes:

a) As condutas contrarias ás normas deportivas que non estean incursas na cualifica-ción de moi graves ou graves.

b) A incorrección co público, cos compañeiros e cos subordinados.

c) A adopción dunha actitude pasiva no cumprimento das ordes e instrucións recibidas de xuíces, árbitros e autoridades deportivas no exercicio das súas funcións.

Artigo 32. Sancións. 1. Pola comisión de faltas moi graves impoñeranse as seguintes sancións:

a) Multa en contía non superior a 1.500 euros.

b) Perda de puntos ou postos de clasificación.

c) Perda de ascenso de categoría ou división.

d) Clausura do recinto deportivo por un período máximo dunha tempada.

e) Suspensión ou privación da licenza federativa ou, de ser o caso, da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou da habilitación para ocupar cargos nunha federación deportiva por un prazo máximo de cinco anos.

f) Privación da licenza federativa, cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ou privación da habilitación para ocupar cargos na federación deportiva a perpetuidade. Esta sanción só se poderá acordar, de modo excepcional, pola reincidencia en infraccións de extrema gravidade.

g) Inhabilitación por un período de dous a catro anos, cando as infraccións sexan cometidas por directivos.

h) Destitución do cargo, cando as infraccións sexan cometidas polos directivos.

2. Pola comisión de faltas graves impoñeranse as seguintes sancións:

a) Amoestación pública.

b) Multa en contía non superior a 1.000 euros.

c) Clausura do recinto deportivo ata un máximo de tres meses.

d) Suspensión ou privación da licenza federativa e/ou, se é o caso, da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, e inhabilitación para ocupar cargos dun mes a dous anos.

3. Pola comisión de faltas leves impoñeranse as seguintes sancións:

a)