Estatutos: Página12 of 18

Apercibimento.
b) Inhabilitación para ocupar cargos federativos ou suspensión de ata un mes.

4. As multas só se lles poderán impoñer ás entidades deportivas e aos que, conforme á Lei do Deporte de Galicia, sexan considerados deportistas profesionais ou técnicos profesionais.

5. Para graduar as sancións teranse en conta as circunstancias concorrentes, a natureza dos feitos, as consecuencias e os efectos producidos, a existencia de intencionalidade, a reincidencia e a concorrencia de circunstancias agravantes ou atenuantes.

6. En función das circunstancias previstas nas alíneas anteriores, as sancións apli-caranse nos seus graos máximo, mínimo ou medio. De ser o caso, de concorreren circunstancias atenuantes cualificadas, poderase aplicar a sanción inferior nun grao á prevista.

7. Serán consideradas como circunstancias atenuantes o arrepentimento espontáneo e a existencia de provocación suficiente inmediatamente anterior á comisión da infrac-ción.

8. Serán consideradas como circunstancias agravantes da responsabilidade a reinci-dencia, o prezo, o prexuízo económico ocasionado e o número de persoas afectadas pola infracción respectiva.

9. Entenderase producida a reincidencia cando a persoa infractora cometa, polo menos, unha infracción da mesma natureza declarada por resolución firme, no termo dun ano.

10. Os órganos disciplinarios sancionadores poderán, no exercicio da súa función, aplicar a sanción no grao que consideren adecuado, ponderando, en todo caso, a natureza dos feitos, a personalidade do responsable, as consecuencias da infracción e a concorrencia de circunstancias atenuantes ou agravantes.

11. As infraccións moi graves prescribirán aos tres anos, as graves prescribirán ao ano e, as leves, ao mes. O termo de prescrición comeza a contar o día no que se cometeron os feitos e interrómpese no momento no que se acorda iniciar o procedemento sancionador. O seu cómputo restablecerase se o expediente permanecese paralizado durante un mes por causa non imputable ao presunto responsable.

12. As sancións prescribirán aos tres anos, ao ano ou ao mes, segundo se trate das que correspondan a infraccións moi graves, graves ou leves. O prazo de prescrición comezará a contar desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impuxo a sanción, ou desde o momento no que se quebrantase o seu cumprimento se este xa comezase.

13. Con independencia das sancións que poidan corresponder, os órganos disciplinarios terán a facultade de alterar o resultado das probas cando se teña demostrada a sua predeterminación mediante prezo, intimidación ou simples acordos. Tamén poderán alterar os resultados en supostos de participación indebida e en todos aqueles nos que a infracción cometida puidera repercutir de xeito grave no resultado da proba.

Artigo 33. Procedemento.

1. A imposición de sancións pola comisión das infraccións previstas nos presentes Estatutos axustarase aos procedementos que se conteñen neste artigo.

2. Os procedementos para a imposición de sancións serán o abreviado e o ordinario. O procedemento abreviado é aplicable para a imposición das sancións por infracción das regras do xogo ou da competición.

3. No non previsto nestes Estatutos, serán de aplicación supletoria as normas contidas na Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, así como na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 agosto, polo que