Estatutos: Página13 of 18

se aprobou o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

4. As sancións impostas a través do correspondente procedemento disciplinario serán inmediatamente executivas, agás que o órgano encargado da resolución do recurso acorde a suspensión. No seu caso, para o outorgamento da suspensión da executividade dos actos recorridos valoraráse se o cumprimento da sanción pode producir perxuizos de difícil ou imposible reparación.

5. As sancións pecuniarias non suspendidas deberán cumprirse no prazo de quince días dende a executividade da resolución en que foron impostas. O impago das sancións pecuniarias terá a consideración de quebrantamento de sanción. En execución das suas resolucións, os órganos disciplinarios poderán acordar a retención de cantidades que deban ser abonadas por ou a través da Federación á persoa ou entidade sancionada, e aplicar o seu importe ó pago das sanciones pecuniarias.

6. As actas subscritas polos xuíces ou árbitros do encontro, da proba ou da competición constituirán medio documental necesario en conxunto da proba das infraccións ás regras e normas deportivas. Igual natureza terán as ampliacións ou aclaracións a aquelas. As manifestacións do árbitro ou xuíz plasmadas nas citadas actas presúmense certas, agás proba en contrario.

7. Procedemento abreviado. A) Iniciación. O procedemento abreviado iníciase coa notificación da acta da proba ou competición, que reflicta os feitos que poden dar lugar a sanción, subscrita polo xuíz ou árbitro e polos competidores ou polos delegados dos clubs. No suposto de que os feitos susceptibles de ser sancionados non estean reflectidos na acta, senón mediante anexo, o procedemento iníciase no momento no que teña entrada na correspondente federación o anexo da acta do partido ou documento no que queden reflectidos os feitos obxecto de axuizamento. Ademais, designarase unha persoa instrutora que exercerá as funcións de impulso na ordenación do expediente e de secretaria ou secreta¬rio, e serán aplicables as causas de abstención e recusación reguladas na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Tamén se pode iniciar por instancia da parte interesada, sempre que a denuncia se presente nas dependencias da federación correspondente dentro do segundo día hábil seguinte ao día no que se realizase a proba ou competición.

B) Tramitación e resolución: No prazo de dous días, que se contarán desde a notificación prevista na alínea ante¬rior, as persoas interesadas poderán formular alegacións en relación cos feitos consigna¬dos na acta, no anexo ou na denuncia. Poderán propoñer ou achegar tamén, se é o caso, as probas pertinentes. A proba deberá practicarse no prazo máximo dos dous días hábiles seguintes ao da súa admisión. O órgano instrutor trasladaralle, no prazo máximo de dous días que se contarán a partir da presentación de alegacións ou da práctica da proba ou da súa denegación, ao órgano competente para resolver a proposta de resolución, para que, dentro do día seguinte, se dite resolución na cal se deben expresar os feitos imputados, os preceptos infrinxidos e os que habilitan a sanción que se impoña. Así mesmo, deben expresarse na mesma resolución os motivos de denegación das probas non admitidas se non se realizase con anterioridade. A resolución deberáselles notificar ás persoas interesadas, con expresión dos recursos que se