Estatutos: Página14 of 18

poidan formular contra ela e do prazo para a súa interposición.

8. Procedemento ordinario. A) Iniciación. O procedemento iníciase por acordo do órgano competente, de oficio ou por instancia de persoa interesada. O acordo que inicie o procedemento conterá a identidade do instrutor, se é o caso do secretario, da autoridade competente para impoñer a sanción e a norma que lle atribúa tal competencia, o prego de cargos que conterá a determinación dos feitos imputados, a identificación da persoa ou das persoas presuntamente responsables, así como as posibles sancións aplicables. Este acordo deberáselle notificar á persoa interesada. Serán aplicables ao instrutor e ao secretario as causas de abstención e recusación e procedemento establecidas no capítulo III do título II, artigos 28 e 29, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

B) Tramitación. Durante a tramitación do procedemento, o órgano competente para incoalo, de oficio ou por instancia do instrutor, poderá acordar en resolución motivada as medidas que considere oportunas para asegurar a eficacia da resolución que poida recaer. O acordo de iniciación notificaráselles ás persoas interesadas e concederáselles un prazo de dez días para contestar os feitos e propoñer a práctica das probas que conveña á defensa dos seus dereitos e intereses. Practicaranse de oficio ou admitiranse por proposta da persoa interesada cantas probas sexan adecuadas para a determinación de feitos e posibles responsabilidades. Só se poderán declarar improcedentes aquelas probas que pola súa relación cos feitos non poidan alterar a resolución final a favor do presunto responsable. Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo para facelo, ou concluída a fase probatoria, o instrutor redactará a proposta de resolución ben apreciando a existencia dalgunha infracción imputable –e neste caso conterá necesariamente os feitos declarados probados, as infraccións que constitúan e as disposicións que as tipifiquen, as persoas que resulten presuntamente responsables e as sancións que procede impoñer– ou ben propoñendo a declaración de inexistencia de infracción ou responsabilidade e o sobresemento con arquivo das actuacións. A proposta de resolución notificaráselles ás persoas interesadas e concederáselles un prazo de dez días para formular alegacións e presentar os documentos que consideren pertinentes.

C) Resolución. Recibidas polo instrutor as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia, remitiralle o expediente ao órgano competente para resolver. A resolución do órgano competente pon fin ao procedemento común e ditarase no prazo máximo de dez días hábiles.

9. En calquera momento do procedimento, o órgano disciplinario poderá acordar medidas cautelares para garantir a efectividade da resolución que finalmente se adopte ou para evitar os efectos das conductas obxecto do procedemento. A resolución que acorde a adopción de medidas cautelares deberá ser motivada.

10. Os órganos disciplinarios deportivos competentes deberán, de oficio ou a instancia do instrutor do expediente, comunicar ó Ministerio Fiscal aquelas infraccións que puideran revestir caracteres de delito ou falta penal perseguible de oficio. En tal caso os órganos disciplinarios deportivos poderán acordar a suspensión do procedimento, segundo as circunstancias concorrentes, ata que recaiga a correspondente resolución xudicial. En cada suposto concreto os órganos disciplinarios valorarán as circunstancias que