Estatutos: Página15 of 18

concorran, a fin de acordar motivadamente a suspensión ou a continuación do expediente disciplinario deportivo ata a sua resolución e imposición de sancións, se procedera. No caso de que se acordara a suspensión do procedimento poderán adoptarse medidas cautelares mediante providencia notificada a todas as partes interesadas.

11. O xuiz único podrá, de oficio ou a solicitud de interesado, acordar a acumulación de expedientes cando se produzan circunstancias de identidade ou analoxía razonable e suficiente, de carácter subxectivo ou obxectivo, que fagan aconsellable a tramitación e resolución únicas. A providencia de acumulación será comunicada ós interesados e contra ela non caberá recurso.

12. Toda providencia ou resolución que afecte ós interesados no procedimento disciplinario deportivo serálles notificada no prazo máis breve posible, có límite máximo de dez días hábiles. As notificacións realizaránse dacordo coas normas previstas na lexislación do procedemento administrativo común. Será válida a comunicación mediante correo certificado con acuse de recibo. Cando por duas veces se teña intentada sin éxito a notificación persoal a un interesado, poderá intentarse a través da entidade deportiva á que estea afiliado ou, no seu defecto, se poderá practicar a notificación mediante publicación no taboleiro de anuncios da Federación. As notificacións deben conter o texto íntegro da resolución coa indicación de se é ou non definitiva, a expresión dos recursos que procedan, órgano ante o que deban presentarse e prazo para interpoñelas.

13. Lexitimación para recorrer contra as sancións. Están lexitimadas para interpoñer recurso en materia disciplinaria as persoas directa¬mente afectadas pola sanción. Enténdese, en todo caso, por tales os deportistas, as súas entidades deportivas e as entidades deportivas participantes na competición.

14 As resolucións dictadas polo xuiz único poñendo fin ó procedemento poderán ser recurridas no prazo máximo de dez días hábiles, ante o comité de apelación. As resolucións dictadas polo comité de apelación poderán recorrerse no prazo máximo de quince días hábiles ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva. Os recursos e reclamacións contra providencias e actos de trámite para os que non se prevea un prazo expreso deberán ser interpostos no prazo de cinco días.

15. O prazo para formular recursos contaráse a partir do día seguinte hábil ó da notificación da resolución, se ésta fose expresa. Se non o fora se contará dende o día seguiente a aquel no que deba entenderse desestimada a petición, reclamación ou recurso.

16. As resolucións do comité de apelación confirmarán, revogarán ou modificarán a decisión recorrida, non puidendo, en caso de modificación, derivarse maior perxuizo para o interesado, cando éste sexa o único recorrente. Se o comité de apelación estimase a existencia de vicio formal que cause indefensión, poderá ordenar a retroacción do procedimento ata o momento en que se produxo a irregularidade, con indicación expresa da subsanación requerida. O comité de apelación poderá excepcionalmente acordar a práctica dalgunha dilixencia probatoria antes de dictar resolución.

17. A resolución expresa dos recursos deberá producirse nun prazo non superior a trinta días. Transcorrido dito prazo sen que se dicte e notifique a resolución do recurso, enténdese que éste foi desestimado, quedando expedita a vía procedente.

TITULO VI. REXIME ELECTORAL

CAPITULO UNICO. PROCEDEMENTO

Artigo 34.