Estatutos: Página16 of 18

1.- Cada catro anos, coincidindo có ano de celebración dos Xogos Olímpicos de inverno celebraranse eleccions á Asemblea Xeral, á Comisión Delegada e á Presidencia.

2.- Terán dereito de sufraxio activo e pasivo as persoas físicas e xurídicas que reúnan as condicións establecidas nas disposicións administrativas vixentes e no Regulamento Electoral.

Artigo 35.
1.- No Regulamento Electoral regularase o procedemento a seguir na elección de cada órgano, e en particular os seguintes extremos:

a) número de membros da Asemblea e da Comisión Delegada, e a sua distribución por estamentos conforme ás porcentaxes previstas polos Estatutos;

b) circunscripcions e mesas electorais e número de membros de cada estamento a elexir en cada unha delas;

c) composición, competencias e funcionamento da Xunta Electoral;

d) lugar de exposición do censo electoral e prazo para consultalo;

e) procedemento para as reclamacions e a resolución de conflictos;

f) calendario electoral
g) voto por correo.

2.- O calendario electoral deberá prevé-los prazos necesarios para o desenvolvemento do proceso electoral con total respecto ós dereitos fundamentais.

3.- A Xunta Electoral estará integrada por tres membros titulares e tres suplentes, elixidos por sorteo ploa asemblea xeral, entre as persoas que presenten a súa candidatura a membros da Xunta Electoral. As candidaturas deberanse presentar na mesma asemblea na que se celebre a súa elección, puidendo estar os candidatos presentes na mesma. Os membros da xunta deberán reunir os requisitos seguintes:

a) Ser maior de 18 anos.
b) Ter o título de bacharelato superior ou equivalente.
c) Non presentarse como candidato a membro da asemblea xeral.
d) Non ter relación contractual ou profesional coa Federación
e) Non estar cumprindo sanción disciplinaria firme ou sanción administrativa firme en materia deportiva que conleve sanción de inhabilitación para ocupar cargos nunha organización deportiva.

No caso de non presentación de candidatos a membros da Xunta Electoral, o Presidente da Federación proporalle á Asemblea os membros necesarios para completar a mesma, os cales deberán asimesmo reunir os requisitos definidos no apartado anterior.

TITULO VII. MODIFICACION DOS ESTATUTOS

CAPITULO UNICO. PROCEDEMENTO

Artigo 36. Iniciativa.

1.- A proposta de modificación dos Estatutos corresponde á Xunta Directiva, á Comisión Delegada ou a un tercio dos membros da Asemblea Xeral.

2.- Calquera dos suxetos indicados no apartado anterior poderá dirixirse por escrito ó Presidente solicitando a convocatoria da Asemblea Xeral ó efecto. En dito escrito deberá precisarse a modificación que se propón e o texto resultante da mesma.

Artigo 37. Acordo de modificación.

1.- O Presidente deberá convocá-la Asemblea Xeral no prazo de quince días a contar dende a recepción da solicitude. A proposta de modificación incluirase no orde do día e se acompañará á convocatoria copia do texto da modificación e da solicitude. A proposta de modificación poderá levarse á Asemblea Xeral Ordinaria se coincide a sua convocatoria dentro do prazo sinalado anteriormente.

2.- A Asemblea debatirá en primeiro lugar a modificación estatutaria e non entrará en outros puntos do orde do día sin ter votada a proposta.

3.- A modificación aprobada pola Asemblea deberá ser remitida polo Presidente á Dirección Xeral para o Deporte e á R.F.E.C. no prazo de quince días, e haberá de ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

TITULO VIII. DISOLUCION E LIQUIDACION

CAPITULO