Estatutos: Página17 of 18

I. EXTINCION OU DISOLUCION

Artigo 38. Causas de extinción.
A F.G.C. extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo de disolución adoptado pola asemblea xeral segundo o previsto neste título.
b) Pola revogación do seu recoñecemento.
c) Por resolución xudicial.
d) Por integración ou fusión con outra federación deportiva galega.
e) Polas demais causas previstas no ordenamento xurídico.

Artigo 39. Acordo de disolución.

1.- Para que a Asemblea Xeral poida acordar válidamente a disolución da F.G.C. será precisa a celebración de sesión extraordinaria en cuio orde do día figurará como único punto a disolución.

2.- A convocatoria a levará a cabo o Presidente a petición da Xunta Directiva, da Comisión Delegada ou de un tercio dos membros da Asemblea. Dita convocatoria porase en coñecemento da Xunta Directiva da R.F.E.C. e da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que poderán facerse representar na Asemblea con voz pero sen voto.

3.- A Asemblea quedará válidamente constituida se están presentes, en primeira ou en segunda convocatoria, dous tercios dos seus membros.

4.- A aprobación do acordo requerirá maioría de dous tercios dos votos emitidos.

CAPITULO II. LIQUIDACION

Artigo 40. Nombramento de Comisión Liquidadora.

A propia Asemblea, na sesión na que se acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora composta por un mínimo de tres membros. No seu defecto, será designada pola Xunta Directiva, previa consulta á Comisión Delegada.

Artigo 41. Procedmento de liquidación.

1.- Unha vez producida a extinción ou acordada a disolución, a F.G.C. conservará-la sua persoalidade xurídica polo tempo que dure a liquidación. Durante ese período deberá engadir á sua denominación a frase "en liquidación".

2.- A Comisión Liquidadora iniciará a sua función elaborando inventario e balance á data de producirse a causa de extinción. Asumirá a total administración da F.G.C. ata a sua completa liquidación, para o cal:

a) levará a contabilidade e velará pola conservación do patrimonio;
b) realizara-las operacions pendentes, tanto no referente a cobro de créditos como pago de débedas;
c) alleará, si fora preciso, os bens;
d) concertará novas operacions se elo beneficiara ó patrimonio.

3.- O remate da sua tarefa, a Comisión Liquidadora convocará a Asemblea Xeral para someter a votación o inventario e balance finais.

4.- O neto partrimonial resultante da liquidación será destinado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a actividades análogas ós fins sociais.

DISPOSICIONS TRANSITORIAS

Primeira.- Os presentes Estatutos, unha vez aprobados pola Asemblea Xeral, serán remitidos polo Presidente á Dirección Xeral para o Deporte para a sua aprobación. No caso de que a Dirección Xeral para o Deporte indique deficencias que deban ser subsanadas, será competente para facelo a Xunta Directiva coa aprobación da Comisión Delegada. Se ésta o estima necesario convocarase á Asemblea Xeral para aprobá-las modificacions.

Segunda.- Ata a entrada en vigor dos presentes Estatutos, a F.G.C. rexerase polas normas sinaladas no artigo 2 e, no que non se opoñan a elas, polos actuais Estatutos e Regulamentos.

Terceira.- A organización comarcal prevista nos presentes Estatutos non será aplicada en tanto non exista en cada comarca un número suficente de membros por cada estamento. Nas eleccions que se celebren ata enton, as circunscripcions electorais serán establecidas no Regulamento Electoral.

Cuarta.- A división comarcal