Estatutos: Página3 of 18

expulsión da Federación

Artigo 5. Dereitos e deberes
1.- Os membros da F.G.C. gozan de igualdade de dereitos e deberes, sen que poida producirse discriminación. En concreto, gozan dos seguintes dereitos:

a) exercer a actividade ciclista en tódalas suas modalidades e sen mais limitacions que as contidas no ordeamento xurídico;
b) ser informado das actividades polas canles ordinarias, que para ciclistas e técnicos son os clubes e para xuices árbitros é o seu Comité;
c) elexir e ser elexido para os órgaos de representación e governo;
d) manifestar as suas opinions, dentro do respeto a persoas e institucions;
e) recibir apoio e asesoramento para o desenvolvemento da sua actividade;
f) dirixirse ós órgaos de governo e representación, respetando os procedementos legais, e recibir contestación as suas peticions;
g) recurrir os actos e acordos dos orgaos federativos.

2.- Son deberes específicos dos membros:

a) someterse ós presentes Estatutos;
b) acatá-las decisions dos órgaos federativos;
c) respetá-la disciplina deportiva e o xogo limpo, e fomentá-lo seu respecto entre as persoas que de eles dependan;
d) aboá-las cotas correspondentes nos prazos previstos;
e) facilitá-la información que lle solicite a F.G.C. en cumprimento dos seus fins;
f) absterse de calquera actividade que poña en dúbida a exclusiva competencia da F.G.C. sobre o ciclismo en Galicia.

3.- A enumeración de dereitos e deberes contida neste artigo non é pechada, quedando a salvo calisquera outros recoñecidos polas Leis.

TITULO II. ESTRUCTURA ORGANICA

CAPITULO I. DISPOSICIONS COMUNS.

Artigo 6.- Órganos de representación e governo.
1.- Son órganos de representación e governo da F.G.C. a asemblea xeral e a presidencia.

2.- A asemblea xeral poderá reunirse en pleno ou en comisión delegada.

3.- A Xunta Directiva é un órgano complementario de governo para asistir á presidencia que ademáis poderá designar un xerente.

4. Os acordos dos órganos colexiados se adoptarán por maioría simple agás que a lei ou os Estatutos establezan outra cousa. Serán recollidos en actas asinadas polo presidente e polo secretario e publicados, como mínimo, no toboleiro de anuncios da Federación. Ademáis, cando teñan destinatarios individualizados deberán serlle notificados persoalmente. Desde a súa publicación ou notificación segundo proceda, comezará a correr o prazo de impugnación que os interesados poderán exercer perante a Administración ou os tribunáis de Xustiza segundo se trate de actos dictados en exercicio de competencias públicas ou privadas.

5. A presidenta ou presidente e os membros da xunta directiva serán persoalmente responsables, fronte á propia Federación, fronte aos seus membros ou fronte a terceiros:

a) Das obrigas que contraese a Federación e que non teñan, ou tivesen, o adecuado apoio contable, non figuren nas contas presentadas e aprobadas, ou sexan obxecto dunha contabilización que non reflicta a natureza e o alcance da obriga en cuestión, e que distorsione a imaxe fiel que debe producir aquela.

b) Das obrigas que contraese contra a prohibición expresa doutros órganos federativos competentes ou da Administración autonómica, así como das obrigas que impliquen un déficit non autorizado ou fóra dos límites da autorización.

c) En xeral, dos actos ou das omisións que supoñan un prexuízo para a Federación cando sexan realizados vulnerando normas de obrigado cumprimento.

6. A responsabilidade descrita na alínea anterior poderase esixir no caso de existencia de dolo ou culpa