Estatutos: Página4 of 18

na actuación dos suxeitos responsables. En todo caso, quedarán exentos de responsabilidade aqueles que votasen en contra do acordo ou non interviñesen na súa adopción ou execución, ou aqueles que o descoñecesen ou, coñecéndoo, se opuxesen expresamente a aquel.

7. A responsabilidade regulada nos dous apartados anteriores é independente da responsabilidade disciplinaria na que se puidese incorrer, e que se esixirá consonte as disposicións xerais desta lei.

CAPITULO II. A ASEMBLEA XERAL

Artigo 7.- Natureza.
A Asemblea Xeral é o órgao superior da F.G.C. e nela están representados tódolos seus estamentos. A elección dos seus membros terá lugar cada catro anos, coincidindo cos anos de Xogos Olímpicos de inverno, por sufraxio libre, secreto, igual e directo.

Artigo 8. Composición
. 1.- O número de membros da Asemblea Xeral será fixado no Regulamento Electoral.

2.- Estará composta por representantes dos distintos tipos de membros recollidos no Capítulo II do Título I, dacordo coa seguinte proporción:

- clubes deportivos: 70%
- técnicos: 5%
- ciclistas: 20%
- xuices árbitros: 5%

Artigo 9. Competencias
. Corresponde á Asemblea Xeral, en reunión plenaria:

a) aprobá-lo presuposto anual e a sua liquidación;
b).aprobá-lo calendario deportivo;
c) aprobar e modificar os Estatutos e Regulamentos;
d) elexir e cesar o Presidente;
e) elexir e cesar ós membros da Comisión Delegada;
f) establecer os límites e criterios ós que deba suxetarse a Comisión Delegada para o exercicio das suas competencias;
g) aprobá-la xestión do Presidente, previo informe da Comisión Delegada.
h) aprobá-las emisions de títulos representativos de debeda;
i) aprobá-los negocios xurídicos que impliquen o gravame do patrimonio federativo cando se trate de operacions superiores ó vintecinco por cen do orzamento ou a seiscentos mil euros, sendo necesario ademáis o informe favorable da Dirección Xeral para o Deporte;
k) decidir sobre a moción de censura ó Presidente;
l) decidir sobre calquera outra cuestión que lle sexa sometida.

Artigo 10. Xuntanzas
. 1.- A Asemblea reunirase como mínimo unha vez ó ano para decidir sobre a aprobación do orzamento e a sua liquidación, a aprobación do calendario e a aprobación da xestión do Presidente. Reuniráse ademáis con carácter extraordinario cantas veces sexa preciso.

2.- A convocatoria da Asemblea faina o Presidente por propia iniciativa ou cando así o soliciten a Comisión Delegada ou un número de membros da Asemblea non inferior ó vintecinco por cen.

3.- As xuntanzas convocaranse, cando menos, con dez días de antelación e na convocatoria incluirase no orde do día dos temas a tratar.

4.- A Asemblea queda válidamente constituida en primeira convocatoria cando concorran a mitade mais un dos seus membros, e en segunda convocatoria sexa cal sexa o número dos presentes. Entre ambas convocatorias deberá mediar un prazo de 30 minutos.

5.- Os debates serán dirixidos polo Presidente, que terá voto de calidade en caso de empate. Poderá limitar as intervencions dos asistentes para a boa marcha da xuntanza. Actuará como Secretario o da Federación ou, no seu defecto, quen sinale o Presidente.

Artigo 11. Adopción de acordos.
1.- A Asemblea Xeral decide por maioría simple dos votos emitidos, salvo para os asuntos en que os Estatutos sinalen outra maioría. En concreto, requerirase maioría de dous tercios dos seus membros para acordar válidamente a disolución da