Estatutos: Página5 of 18

Federación, a emisión de títulos de débeda ou o alleamento de inmobles.

2.- As votacións serán a man alzada ou por chamada nominal, agás en caso de eleccion ou moción de censura ó Presidente, en cuio caso a votación será secreta. Tamén poderá procederse á votación secreta cando así o decida a propia Asemblea.

3.- Dos debates, acordos e votacions levantará acta o Secretario.

4.- O voto será persoal. Non se admitirá a delegación de voto agás no caso de entidades xurídicas, que poderá exercelo o Presidente ou persoa na que él delegue sempre que sexa membro da Xunta Directiva e non sexa asambleísta. Dita delegación de voto será expresa, escrita e referida a unha xuntanza. Ninguén poderá obter mais dunha delegación.

CAPITULO III. A COMISION DELEGADA

Artigo 12. Composición.
1.- Os membros da Asemblea Xeral elexirán a Comisión Delegada, como órgao de asistencia á mesma. O número dos membros será o 15% da Asemblea, con un mínimo de 5 e un máximo de 15. Deberán estar representados tódolos tipos de membros a que se refire o artigo 8. O Regulamento Electoral detallará a sua composición.

2.- A elección levarase a cabo sempre que se renove a Asemblea Xeral. Poderán ser candidatos os membros da Asemblea. Se no prazo previsto para presentar candidaturas se presentase un número inferior ós postos a elexir, ditos candidatos quedarán automáticamente elexidos sen votación, e poderán presentarse no acto da Asamblea outros candidatos que serán sometidos a votación. En caso de empate procederase a unha segunda volta entre os candidatos empatados.

Artigo 13. Competencias
. 1.- A Comisión Delegada, a propuesta do Presidente ou de dous tercios dos seus compoñentes, decidirá sobre:

a) a modificación do calendario deportivo;
b) a modificación dos orzamentos;
c) a modificación dos Regulamentos.

Estas competencias as exercerá dentro dos límites e criterios que establezca a propia Asemblea Xeral.

2.- Tamén corresponde á Comisión Delegada:

a) a elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos;
b) o seguimento da xestión económica e deportiva da Federación.

Artigo 14. Xuntanzas.
1.- A Comisión Delegada reunirase, como mínimo, unha vez cada catro meses, e cantas veces sexa convocada polo Presidente a iniciativa propia ou de un tercio dos seus compoñentes. A convocatoria farase con dez días de antelación á data da xuntanza.

2.- As sesions serán presididas polo Presidente da Federación, cuio voto decidirá en caso de empate. As decisions adoptaranse por maioría simple dos votos emitidos.

CAPITULO IV. O PRESIDENTE

Artigo 15. Natureza e elección
. 1. A presidenta ou presidente é o órgano executivo da Federación, exerce a repre-sentación legal e preside os órganos de representación e de governo executando os seus acordos. A persoa titular da presidencia será elixida mediante sufraxio libre, igual e secreto polos compoñentes da asemblea xeral, sen que teña que ser membro desta, e non poderá desempeñar ningunha outra actividade directiva ou de representación dentro da propia estrutura federativa.

2. O mandato da presidenta ou presidente é de catro anos, que se renovará nos anos nos que teñan lugar os Xogos Olímpicos de Inverno. Tamén se procederá á sua elección cando quede vacante o posto antes de expirar o seu mandato, agás