Estatutos: Página6 of 18

que reste menos de un ano para o remate do mismo, en cuio caso supliralle por ese período o Vicepresidente.

3.- O cargo de Presidente é incompatible con calquera cargo directivo nun club ou entidade que sexa membro da F.G.C. ou da R.F.E.C. polo que a persoa que resulte elixida deberá cesar en calquera deses cargos que viñera ostentando.

4.- O Presidente cesará por expiración do seu mandato, falecemento, dimisión aprobada pola Asemblea Xeral, incompatibilidade para o cargo e moción de censura aprobada pola Asemblea Xeral. A moción de censura deberá ser proposta polo trinta por cen dos membros da Asemblea incluindo o nome dun candidato alternativo. Efectuada a proposta, o Presidente, no prazo de quince días, convocará a Asemblea en sesión extraordinaria para que decida por maioría absoluta dos votos emitidos.

Artigo 16. Competencias
O Presidente da F.G.C. é o seu representante legal e lle corresponde:

a) convocar e presidí-las xuntanzas da Asemblea Xeral, a Comisión Delegada e a Xunta Directiva, decidindo as votacions en caso de empate;
b) executá-los acordos dos órgaos da Federación;
c) nomear e cesar ós membros da Xunta Directiva e ó Secretario;
d) contratar ó personal;
e) representar á Federación na conclusión de todo tipo de contratos;
f) dirixí-lo funcionamento interno da Federación;
g) otorgar poderes a favor de Procuradores Avogados para representar á Federación en xuicio;
h) as demais funcions propias da F.G.C. non encomendadas a outro órgão.

CAPITULO V. A XUNTA DIRECTIVA

Artigo 17. Composición e funcionamento
. 1.- O Presidente nomeará unha Xunta Directiva composta -aparte de él mesmo- por un máximo de catorce membros e un mínimo de catro. Por pertencer á Xunta Directiva, os seus membros terán acceso ás xuntanzas da Asemblea Xeral, aindaque, se non son membros da mesma, só terán dereito a voz.

2.- Na Xunta Directiva existirá un Tesoureiro e, polo menos, un Vicepresidente, que fará as veces do Presidente nas suas ausencias ou en períodos de vacante. Os demais vocais da Xunta Directiva terán ó seu cargo as áreas que lles encomende o Presidente.

Actuará como Secretario o Secretario Xeral da Federación, que se non é membro da Xunta só terá dereito a voz.

3.- A Xunta Directiva reunirase, cando menos, unha vez ó trimestre a convocatoria do Presidente feita con cinco días de antelación; será válida a convocatoria efectuada durante a xuntanza inmediatamente anterior, salvo respecto ós que non houberan asistido. Os acordos adoptaranse por maioría simple e en caso de empate decidirá o voto do Presidente.

4.- Os membros da Xunta Directiva son honoríficos e, en caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada en favor dalgún dos membros da Xunta Directiva, ten que ser expresamente acordada por maioría absoluta da Asemblea Xeral e constar de maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a Federación.

5.- Dentro da Xunta Directiva poderá designarse unha Comisión Executiva para o despacho de asuntos urxentes.

6.- Á Xunta Directiva correspondelle:

a) aprobá-los nomeamentos dos Comités e Comisions que existan dentro da Federación;
b) aprobá-la orde do día da Asemblea Xeral;
c) prepará-la documentación relativa ós asuntos que se vaian a someter á Asemblea Xeral