Estatutos: Página7 of 18

e a Comisión Delegada;
d) redactá-la convocatoria de eleccions para sometela á aprobación da Asemblea Xeral;
e) colaborar có Presidente na dirección económica, administrativa e deportiva da Federación e na execución dos acordos;
f) fixar data e lugar para a celebración dos Campionatos de Galicia;
g) prestar colaboración técnica e asesoramento ós clubes;
h) calificar e tutelar a organización de competicions ciclistas oficiais de ámbito autonómico.

7.- Os membros da Xunta Directiva responderán ante a Asemblea Xeral das funcions que teñan encomendadas. Tamén responderán dos perxuizos que causen por neglixencia grave no desempeño das suas funcions, tanto ante organismos públicos como ante persoas privadas. Dos acordos adoptados pola Xunta responderán tódolos seus compoñentes agás os que votaran en contra ou se abstiveran de forma motivada.

CAPITULO VI. A SECRETARÍA

Artigo 18.
1. Para o desempeño das funcións administrativas haberá unha secretaria ou secretario que será designado e separado pola presidenta ou presidente. Serán funcións da persoa titular da secretaría a redacción das actas e custodia destas e dos arquivos da federación, a expedición de certificacións, o control e a fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, así como a de contabilidade e tesouraría, no caso de non existir a figura de tesoureiro.

2. O secretario ou secretaria ten ó seu cargo a dirección administrativa da Federación e o despacho ordinario dos asuntos federativos. Ademais doutras funcions que poida encomendarlle o Presidente, correspóndelle:

a) coordiná-la actuación de tódolos órgaos da Federación;
b) executar, baixo control do Presidente, os acordos de ditos órgaos;
c) recibir e expedí-la correspondencia;
d) organizar, manter e custodiá-lo arquivo da Federación;
e) redactá-la memoria anual de actividades;
f) ostentá-la xefatura de persoal;
g) velar polo orden e bó uso do patrimonio da Federación;
h) informar ós órganos de governo e representación sobre as cuestions que sometan á sua consideración.

CAPITULO VII. O TESOUREIRO.

Artigo 19.
O Tesoureiro da F.G.C. encárgase da dirección económica da mesma. Son as suas funcions:

a) levá-la contabilidade da Federación;
b) exercé-la inspección económica de tódolos órgaos da Federacion;
c) elaborar e presentá-las contas anuais á Comisión Delegada e á Asemblea Xeral.

CAPITULO VIII. OUTROS ORGANOS

Artigo 20. Creación.

1.- A Xunta Directiva poderá crear dentro da Federación cantos órgaos estime oportunos para o desenvolvemento da sua actividade.

2.- Necesariamente haberá un Comité de Xuices Arbitros e Cronometradores, e dous órgaos disciplinarios: un Xuiz Unico e un Comité de Apelación.

Artigo 21. Comité de Xuices Arbitros e Cronometradores.

1.- O Comité de Xuices Arbitros e Cronometradores da F.G.C. ten ó seu cargo a dirección técnica do estamento arbitral e designa os árbitros para as competicions de ámbito autonómico.

2.- Colabora có Comité Nacional da Federación Española en canto á formación e clasificación dos xuices árbitros.

3.- O Presidente do Comité será nomeado polo Presidente da Federación, oídos os representantes do colectivo arbitral na Asemblea.

Artigo 22. Orgaos disciplinarios.
1.- A disciplina deportiva será exercida en primeira instancia polo Xuiz Unico. En segunda instancia decidirá o Comité de Apelación composto por un Presidente e dos vocais, un dos cales actuará de Secretario. As persoas que deban desempeñar tales funcions serán designadas pola Xunta Directiva, debendo reuní-la condición de ser licenciados en Dereito.

2.- O seu funcionamento será regulado