Estatutos: Página8 of 18

no Regulamento de Réxime Disciplinario da R.F.E.C. ou, no seu caso, da F.G.C.

3.- A pertencia a estes órgaos é incompatible có desempeño dun cargo nos distintos entes sometidos á sua jurisdicción.

TITULO III. ORGANIZACION TERRITORIAL

CAPITULO UNICO. ASEMBLEAS COMARCAIS.

Artigo 23. Natureza.
1.- A F.G.C. organízase territorialmente en Comarcas, nas cales existirá unha Asemblea Comarcal composta polos membros da Asemblea Xeral da Federación elexidos nesa comarca.

2.- As Asembleas Comarcais non teñen persoalidade xurídica propia.

Artigo 24. Funcions.
1.- As Asembleas Comarcais son órgaos consultivos ós que se poden dirixir os demais órgaos da Federación para preparar as suas decisions. En todo caso deberán ser oídas nas decisions que afecten ó seu territorio de modo específico e diferenciado, e se recabará a sua colaboración para a organización de actividades na comarca.

2.- Poden, pola súa banda, dirixirse ós órgaos da Federación para expoñerlles cuestions relativas á sua comarca. En concreto, poden propoñer temas para o orde do dia da Asemblea Xeral, comunicándoo por escrito á Xunta Directiva antes da convocatoria.

3.- Cada Asemblea Comarcal poderá elexir dentre os sus membros un Delegado Comarcal que a represente ante os órgaos federativos.

TITULO IV. ORGANIZACION INTERNA

CAPITULO I. REXIME ECONOMICO E FINANCEIRO

Artigo 25. Patrimonio e recursos.
1.- A F.G.C. ten o seu propio patrimonio, composto polos bens de que sexa titular.

2.- O patrimonio da Federación estará integrado por:

a) Cotas dos seus afiliados.
b) Dereitos de inscrición e demais recursos que procedan das competicións organiza-das pola Federación.
c) Rendementos dos bens propios.
d) Subvencións, ou outras achegas, que as entidades públicas poidan concederlle, así como doazóns, herdanzas, legados e premios que lle sexan outorgados por entidades públicas ou privadas.
e) Calquera outro recurso que lle poida ser atribuído.

Artigo 26. Normas de administración e xestión.
1.- A administración e xestión do patrimonio e do orzamento son funcions do Presidente, que as exercerá a través do Tesoureiro, con audiencia da Comisión Delegada.

2.- Ademáis da organización de actividades e competicions deportivas, a F.G.C. pode, complementariamente, exercer actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios. Os froitos ou rendas que obteña destinranse en todo caso ó cumprimento dos seus fins, e nunca poderá repartir beneficios.

3.- A F.G.C. pode gravar e allear os seus bens mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos representativos de debeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre que ditos negocios non comprometan de xeito irreversible o patrimonio da Federación ou o seu obxecto social.

4.- Será necesaria a autorización da Administración autonómica para a venda ou para o gravame dos bens inmobles cuxa titularidade lle corresponda á Federación que fosen financiados, en todo ou en parte, con fondos públicos. Así mesmo, requirirase igual autorización cando a Federación pretenda comprometer gastos de carácter plurianual ou cando a natureza do gasto, ou a porcentaxe deste en relación co seu orzamento, vulneren os criterios que regulamentariamente se determi¬nen. Esta autorización poderase consignar nos contratos programa que poidan ser asina¬dos entre a Administración deportiva autonómica e a Federación para o desenvolvemento das súas actividades e funcións.

5.- O exercicio económico coincidirá có ano natural, rematando o 31 de decembro. A Federación aprobará en