Estatutos: Página9 of 18

asemblea, durante o último trimestre do seu exercicio económico, o orzamento correspondente ao seguinte exercicio. Este orzamento debe ser equilibrado e non deficitario e enténdese condicionado, no que ás subvencións públicas se refire, ás condicións de aprobación dos orzamentos de Galicia. O devandito orzamento deberá remitirse á Administración deportiva no prazo dun mes desde a súa aprobación.

6.- As contas anuais e os orzamentos deberán estar no enderezo social da Federación cunha antelación de quince días á celebración da Asemblea en que deban ser aprobados. Calquera persoa ou entidade con dereito a voto poderá examinar ditos documentos e solicitar copia dos mesmos, que lles será entregada antes da Asemblea.

CAPITULO II. REXIME DOCUMENTAL

Artigo 27. Libros.
O réxime documental da F.G.C. comprende os seguintes libros:

a) rexistro de asociacions, recollendo a sua denominación, enderezo social, nome e apelidos do Presidente e do Secretario e data da sua toma de posesión;
b) actas das xuntanzas dos órgaos de governo e representación;
c) contas, que serán como mínimo: diario e inventarios e balances;
d) inventario dos bens mobles e inmobles;
e) todos aquelos que o Presidente considere necesarios.

Artículo 28. Levanza dos libros.
1.- A levanza directa dos libros corresponde:

a) ó Secretario nos casos a), b) e d) do artigo anterior;
b) ó Tesoureiro no caso c);
c) a quen designe o Presidente no caso e).

2.- En todo caso, o Secretario supervisará a correcta levanza de todos eles, e encargarase da sua legalización no Rexistro Mercantil.

Artigo 29. Exame dos libros.
1.- Con quince días de antelación á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria os libros contables e os de actas dos órgaos de governo estarán a disposición dos membros da Asemblea que desexen consultalos.

2.- Calquera persoa ou entidade con licencia en vigor poderá solicitar ó Secretario certificacions do contido dos libros, que só poderá ser negada no caso de comprometer os intereses da Federación.

TITULO V. REXIME DISCIPLINARIO

CAPITULO I. AMBITO DA POTESTADE DISCIPLINARIA

Artigo 30.
1. A potestade disciplinaria da Federación exténdese á investigación e sanción das infraccións das regras do xogo ou competición e das normas xeráis deportivas que se produzan no seu ámbito competencial.

2.- Son infraccións das regras do xogo ou competición as accions ou omisions que, durante o curso do xogo, competición ou proba, vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento. Son infraccións das normas xeráis deportivas as accions ou omisions que supoñan un quebrantamento de calquera norma de aplicación no deporte non incluida na línea anterior ou dos principios xeráis da conducta deportiva recollidos na Lei do Deporte de Galicia.

3. Están suxeitos á potestade disciplinaria da FGC tódalas persoas que formen parte da sua estructura orgánica e, en xeral, sobre tódalas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva ciclista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A responsabilidade disciplinaria extínguese por:

a) falecemento do inculpado;
b) disolución da entidade responsable;
c) cumprimento da sanción;
d) prescripción de infraccións ou sancións.

5. Cando unha persoa ou entidade que estea pendente de cumprir unha sanción ou suxeita a un expediente en trámite, perda a condición de afiliado á FGC a sua responsabilidade disciplinaria quedará en suspenso durante un período de