Estatutos: Página10 of 18

tres anos. Se dentro dese prazo volve a tramitar licenza, o tempo transcorrido non se computará a efectos de prescripción de infraccións e sancións.

6. Ninguén poderá ser sancionado duas veces polos mesmos feitos.

7. Para evitar a impunidade das infraccións cometidas por entidades deportivas, os órganos disciplinarios poderán apreciar a sucesión entre entidades cando exista entre elas unha conexión evidente de persoas ou cousas que revele a realidade dunha única entidade aunque existan varias persoalidades xurídicas. En tales casos, as entidades cuxa responsabilidade se acorde deberán ser chamadas ó expediente como interesadas, e se a responsabilidade se aprezase en fase de execución dunha resolución, se concederá a ditas entidades un prazo de alegacións antes de derivar cara a elas a responsabilidade.

8. A potestade disciplinaria da Federación será exercida por:

a) os xuices árbitros durante o desenvolvemento das competicions sobre as persoas que por calquera título participen nelas;

b) O xuiz único en primeira instancia e o comité de apelación en segunda sobre todas as persoas e entidades sometidas á disciplina federativa.

9. O xuiz único, que deberá ser licenciado en Dereito, será nomeado pola Xunta Directiva da Federación; o comité de apelación estará composto por tres membros, dos cales a lo menos un deberá ser licenciado en Dereito, e serán nomeados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO II. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 31. Infraccións.
1. Para que as infraccións sexan sancionables deben estar tipificadas con anterioridade á sua comisión e debe concurrir culpabilidade no infractor, a lo menos en grao de neglixencia. A norma disciplinaria se aplicara retroactivamente cando resulte máis favorable para o presunto infractor.

2. Son infraccións moi graves:

a) As actuacións dirixidas a predeterminar, mediante prezo, intimidación ou simple acordo ou decisión, o resultado dunha proba, encontro ou competición.

b) Os comportamentos e actitudes agresivos e antideportivos ou discriminatorios, cando se dirixan ao árbitro, aos xurados, a outros xogadores, técnicos directivos ou ao público.

c) Os quebrantamentos de sancións impostas.

d) A manipulación ou alteración, xa sexa persoalmente ou a través de persoa interpos-ta, do material ou equipamento deportivo en contra das regras técnicas de cada deporte cando poidan alterar a seguridade da proba, do encontro ou da competición ou poñan en perigo a integridade das persoas.

e) Non executar ou desobedecer as resolucións no ámbito disciplinario do Comité Ga-lego de Xustiza Deportiva.

f) A inasistencia sen xusta causa dos deportistas ás convocatorias da selección galega ou a negativa da entidade deportiva a facilitar a súa asistencia.

g) A aliñación indebida, a incoparecencia, a subplantación dun deportista e a retirada inxustificada das probas, dos encontros ou das competicións.

h) A reincidencia na comisión de faltas graves. Entenderase que hai reincidencia na comisión cando se sexa sancionado mediante resolución firme pola comisión de tres ou máis infraccións graves no período dun ano.

i) A subministración de datos falsos para a tramitación da licenza ou o falseamento désta.

j) O abuso de autoridade.

k) O falseamento da acta dunha proba.

l) As declaracións públicas que inciten á violencia.

ll) As actuacións que atenten contra as competencias propias da Administración autonómica ou da Federación Galega de Ciclismo.

m) As protestas, intimidacións ou coaccións colectivas ou tumultuarias que alteren o normal desenvolvemento dunha proba.

n)