Federarse

¿Por qué federarse?

  • Porque formarás parte dun proxecto común de defensa do noso deporte e dun colectivo de persoas que aman e traballan por e para o ciclismo.
  • Porque contribuirás a facer posible a preparación dos nosos deportistas máis xóvenes e a captación de novos valores.
  • Porque tanto se utilizas a bicicleta para pasear, facer turismo ou como medio de transporte, contarás con tódalas coberturas e vantaxes.
  • Porque terás unha asesoría xurídica para consultar tódalas dúbidas legais que che xurdan.
  • Porque contarás con un seguro de cobertura de responsabilidade civil.
  • Porque en caso de accidente, terás a túa disposición unha extensa rede de centros sanitarios concertados en todo o territorio galego, nacional e internacional.
  • Porque no caso de que queiras competir, esta habilitate para tomar parte en tódalas competicións de tódolos ámbitos territoriais.
  • Porque terás descontos nas inscripcións en eventos cicloturistas e ciclodeportistas.
  • Porque terás preferencia nas inscripcións en competicións oficiais.
  • Porque poderás formar parte das Seleccións Oficiais e defender as nosas cores.
  • Porque terás acceso a subvencións e premios por méritos en competicións.

¿Inda tes dúbidas? Non o penses máis

#Fedérate

¿Como tramitala?

Accede á Zona Privada e segue os pasos indicados nos tutoriais, ben sexas clube ou deportista.

Aquí poderás consultar as tarifas vixentes

Licenza de un día 2016

Para aquelas persoas que queren probar esta disciplina deportiva nunha proba e no dispoñan de licenza federativa, existe a posibilidade de tramitar unha licenza de 1 día. Nestos casos, o corredor, faise para o día da carreira un seguro coas mesmas prestacións que a licenza federativa para as probas de Cicloturismo e Escolas. Tramítanse por medio do clube organizador, con un mínimo de 4 días antes da carreira, utilizando o formulario do apartado Documentacion