-
O vindeiro dia 11 de febreiro ás 20,00 terá lugar a celebración da tradicional Gala do Ciclismo Galego. O acto terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados.
Nesta Gala premiarase ós ciclistas, directivos, clubes e institucións máis destacadas ó longo do ano 2011. Tamén serán homenaxeadas persoas que na sua vida estiveron estreitamente vinculadas ó ciclismo galego e serán entregados os premios ós primeiros clasificados dos rankings das distintas modalidades , estrada, btt e ciclocross. O acto estará aberto a todo o público, e conta colaboración do Concello de Cambados.
-
Pablo Rodríguez acadou a posición 41 no Mundial de Ciclocross que se está disputando en Koksijde (Bélgica). Van der Haar revalidou o seu título despois dun disputado duelo co belga Wietse Bosmans, que en diversas fases da carreira parecía ía impoñer a súa corpulencia.
Pasando aos españois 37º posto para Jonathan Lastra, 41º para Pablo Rodríguez -ambos os dous a unha volta-, 43º para Ión Gómez e 45º Íñigo Gómez, a dous e tres respectivamente. É dicir, bastante igualdade entre eles, pero moi lonxe das primeiras posicións, como era de esperar.
"As sensacións foron boas"
Tanto Pablo coma os seus compañeiros de selección saíron moi atrasados polo que o obxectivo era claro, remontar e ver ata onde se podían chegar. Pablo realizou unha gran saída que o fixo rodar nas primeiras voltas entre os trinta primeiros ata que un par de problemas mecánicos o fixeron perder bastantes posicións e ter que volver remontar.
Ao final, o galego entrou en meta en cuadraxésimo primeira posición sendo o segundo español tras o seu compañeiro en Hirumet Jonathan Lastra que finalizou trixésimo sétimo.
Malia o resultado Pablo mostrouse contento ao rematar. "As sensacións foron moi boas, pode que fose a carreira de ciclocrós na que máis rápido me vin capaz de rodar. Ía entre os trinta primeiros nas primeiras voltas pero tiven que cambiar un par de veces de bicicleta por problemas no cambio que me atrasaron bastante. Estou moi contento coa carreira e coa miña tempada de transición a sub23. Rematáronse as rodas finas e toca centrarse no MTB" comentou o biker sobre a cita mundialista.
Para De Santos, "aínda que Pablo e Iñigo tiveron que cambiar de bici, non lles afectou en exceso. Como dicía na véspera, son corredores que están a traballar de cara ao futuro, en especial os dous de Hirumet que son de primeiro ano". Por equipos, novena praza para España, nunha clasificación na que se impuxo a selección do Países Baixos.
-
O ciclista junior do C.C. O Rosal, Antonio Portela foi convocado polo Seleccionador Nacional, José Luis de Santos para participar nunha concentración de preparación técnica que terá lugar en La Granja (Segovia) dende o día 1 ata 5 de febreiro.
-
Despois de ser suspendida no seu dia polo temporal, por fin se poido levar a efecto a iniciativa do C.C. Teis de dar unha charla no Colexio San Fernando que foi acollida por un importante número de alumnos que seguiron con atención a exposición do ciclismo de base a cargo do técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande . Foto: C.C. Teis.
-
O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, asinou onte en Vigo os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas con sede en Vigo, Pontevedra e Ourense. O montante total das devanditas axudas ascende a 4,5 millóns de euros, con destino a diferentes programas acordados entre os entes federativos e a administración autonómica, e supón manter a mesma contía para este fin que no anterior exercicio orzamentario.
A Secretaría Xeral para o Deporte está poñendo en marcha ao longo dos últimos dous meses varios dos seus programas de axudas. Así, os clubs teñen ata o próximo día 23 para completar a entrega de documentación para optar ás subvencións, que no global alcanza os tres millóns de euros. Falta por concretar os prazos para que devanditas entidades empecen a percibir o diñeiro que se deriva destas subvencións.
En canto aos clubs de elite, no pasado mes de decembro púxose en marcha o programa de patrocinios da Secretaría e nestes días procederase ao primeiro pago ás entidades, aínda que será só unha porcentaxe da axuda total.
-
O seleccionador nacional, José Luís De Santos, anunciou a selección que participará no Campionato do Mundo de ciclocrós, que se disputará os días 28 e 29 de xaneiro en Koksijde (Bélxica) na que está incluido o macedán Pablo Rodríguez e que estará completada polos seguintes trece corredores, cinco elites, catro sub23, tres juniors e unha muller:
Elite: Aitor Hernández, Egoitz Murgoitio, Javier Ruiz de Larrínaga (Euskadi), José Antonio Hermida (Cataluña) e Isaac Suárez (Cantabria)
Sub23: Iñigo Gómez, Ion Gómez, Jonathan Lastra (Euskadi) e Pablo Rodríguez (Galicia)
Junior: Jaime Campo, Kevin Suárez (Cantabria) e José Manuel Ribera (Comunidade Valenciana).
Mulleres: Rocío Gamonal (Asturias)
De Santos comenta que “tivemos en conta á hora de facer a selección os resultados de toda a tempada, en especial das Copas de España e a participación en probas internacionais. Desgraciadamente as referencias do pasado Campionato de España non nos serven de moito xa que era un circuíto radicalmente distinto ao que se atoparán en Koksijde”
-
A Asociación Deportiva Moto-Volta Galicia, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, celebrará o vindeiro 25 de febreiro no auditorio da Casa do Deporte en Vigo (Fotógrafo Luis Ksado, 17), un curso de Formación e Reciclaxe de Moto-Enlace. Unha iniciativa que pretende orientar, formar e unificar criterios nunha misión tan importante como a información, acompañamento e o control da seguridade das organizacións e deportistas nos eventos deportivos que precisan das vías públicas para a súa celebración.
O curso impartirase o 25 de febreiro en horario de mañán e tarde, de acordo con este programa, e está prevista a participación dos seguinte ponentes:
Francisco Torres Bonache. Xefe dos dispositivos de seguridade da Volta a Galicia de Profesionales e Vuelta a España.
Salvador Montes López. Policía Local. Técnico de Seguridade Vial.
Juan José García Cota. Médico da Selección Española de Futbol.
Juan Campos Otero. Director Deportivo
José Ramón López Campos. Árbitro Nacional. Especialista Juez-Moto
Alberto Caamaño Prado. Coordinador Moto-Enlace Galicia
Juan Carlos Ledo Martín. Presidente Moto-Volta Galicia.
O curso será de acceso gratuito co único requisito que cubrir o presente boletín de inscrición e envialo antes do 17 de febreiro, e está dirixido a todos os implicados nos eventos deportivos: organizacións, motoristas, policías locales, árbitros, deportistas e afeccioados en xeral.
-
José Rodríguez "Tami" despois de proclamarse Campión de España de Ciclocross na categoría Máster 30 na proba celebrada en Gandía a pasada fin de semana acudeu a Louisville - Kentucky (USA) para disputar o Mundial da categoría na que acadou un brilante cuarto posto nunha carreira na que se impuxo o belga Sven Van Enyndt e sendo prata e bronce os americanos Turner e Reardon. Tami amosábase contento e decepcionado ó mesmo tempo porque nos adestramentos do día anterior sobre o mesmo circuito amosaba unhas sensacións que non poido repetir co terreo completamente xeado.