Novas BTT

A Transgalaica 2019 arranca con máis de 450 participantes no X Trofeo Concello de Cerdedo-Cotobade





Este vindeiro domingo 24 de febreiro darase o pistoletazo de saída ao circuíto galego de probas de BTT-Maratón Transgalaica 2019, e farao como vén sendo habitual nos últimos anos en Cerdedo-Cotobade. Será unha edición especial ademais porque será a décima na localidade cotobadesa. A proba comezará ás 09:30 na zona de Carballedo. Espérase unha participación de máis de 450 corredores.

A proba, que está patrocinada polo Concello de Cotobade e organizada pola firma Team Relay, desenvolverase nun esixente circuíto de 62km.


A Gran Bikedada, último gran test para a tempada de btt





A Gran Bikedada afronta a súa sexta edición cun novo récord de participación, situando en 700 o número de ciclistas, masculinos e femininos, dispostos a asumir este domingo o reto de ir en bicicleta de montaña desde Vigo ata o encoro de Eiras e regreso, nun percorrido de 100 quilómetros a través dos municipios de Vigo, Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Tema: 

Lara Lois (Extol) gaña a VI Volta a Córdoba, proba inaugural do Open de España de Btt Maratón





A galega Lara Lois (Extol) non puido celebrar mellor o seu cumpreanos que impoñéndose na primeira cita do Open de España de Btt Maratón: a VI Volta a Córdoba. A grovense gañou entre as mulleres cun tempo de 3:20:57 e remontada incluída. A segunda foi a gaditana María Díaz Pernía (3:21:18) e completou o podio Marga Fullana (3:25:37) quen lideraba a carreira ata o ecuador da proba.


Suarez (Ouro), Mariño (prata) e Álvarez (bronze) foi o balance dos galegos no Campionato de España de Descenso





A participación galega no Campionato de España de Btt descenso saldouse con tres medallas logradas polo vigués Angel Suárez (Singletrack), ouro na categoría elite, Víctor Mariño (Galicia) prata en júnior e Diego Félix Álvarez (Galicia), bronze en Master 30.

RESULTADOS DOS PARTICIPANTES GALEGOS

CAT

CICLISTA


Vilalba vestiu de Campións de Galicia a Saúl López (Maceda) e Susana Alonso (Extremadura)





Toda unha vida sen acadar gañar un título de Campión de Galicia e Saúl López (Maceda) sumou co de Btt Maratón en Vilalba o segundo nun ano tras impoñerse na XVI Ruta Monseivane Serra do Xistral organizada polo club ciclista Vilalba As Pontes.