Novas BTT

Feijoo divírtese no seu xardín de Maceda e estréase na Copa Galicia XCO





Exercendo de anfitrión Iván Feijoo non deu ningunha opción aos seus rivais no XI BTT de Maceda. Nun circuíto que coñece como a palma da súa man, o sub23 do Academia Postal-Maceda ofreceu unha exhibición na penúltima xornada puntuable da Copa Galicia XCO. O alaricano foi un dos 136 bikers que competiron o pasado sábado nesta cita clásica do calendario autonómico. 


Nicolás Carrera retén en Vincios a súa coroa de campión de Galicia de Enduro





O Enduro Serra do Galiñeiro repartiu este domingo sete títulos de campións de Galicia e Nicolás Carrera repetiu éxito na clasificación absoluta. O sub23 do Bike Comp superou na parroquia gondomareña de Vincios aos elites Pablo Míguez (Bici O Con) e Rubén Rodríguez (Condado Bike). O máis rápido dos 168 participantes no evento organizado polo + Enduro MTB foi Jorge Panizo, pero o leonés do Tres Lunas Quereño non optaba á coroa autonómica. 


Trofeo Federación XCO: Pablo Álvarez acada unha vitoria con encanto en Baños de Molgas





O Trofeo Federación de cross country olímpico (XCO) realizou a súa cuarta e penúltima parada en Baños de Molgas. Neste concello ourensá celebrouse o pasado sábado o II Trofeo Estaciones Vivas, unha proba disputada nun circuíto cun encanto especial. Os bikers rodaron por un fermoso bosque autóctono onde Pablo Álvarez foi o gran triunfador. O sub23 do Cambre-Caeiro acadou a vitoria absoluta na carreira raíña e colocouse como novo líder da súa categoría. 


Os títulos de campións de Galicia de Enduro póñense en xogo este domingo en Vincios





Dous anos despois a localidade pontevedresa de Gondomar volverá ser este domingo o escenario do Campionato de Galicia de Enduro. Preto de douscentos riders botaranse ao monte na parroquia de Vincios dende as 08:45 horas buscando os títulos autonómicos. Nicolás Carrera (Bike Comp) defenderá a coroa absoluta masculina acadada no 2018.


A calor non derreteu ao invicto Iván Feijoo no Trofeo Federación de Oroso





Tres de tres para Iván Feijoo no Trofeo Federación de Cross Country Olímpico (XCO). Nin os seus rivais nin a abafante calor do pasado sábado puideron poñer fin no concello coruñés de Oroso á imbatibilidade do sub23 do Academia Postal-Maceda. As diferenzas rexistradas na liña de meta ofrecen unha idea da dureza que se atoparon o centenar de participantes na proba organizada polo Tambre Bike.