Novas BTT

Lara Lois e Brandán Márquez proclamáronse campións de Galicia XCM na Lalín Bike Race





A cuarta edición da Lalín Bike Race tivo valor dobre. A cita organizada polo Extol-La Gramola Team e o Montes do Deza exerceu de Campionato de Galicia de Cross Country Maratón (XCM)  e de clausura do Open de España desta modalidade. Os sete bikers que se alzaron cos títulos autonómicos tamén ocuparon postos de podio na proba puntuable para o certame estatal. 


Punzón reforza o seu liderado da Copa Galicia XCO en Cambre





Na proba decana do calendario autonómico o actual líder da Copa Galicia XCO confirmou o seu dominio. O elite Jorge Punzón (Cosmos) venceu este sábado na XIX edición do Gran Premio Concello de Cambre BTT. A cita celebrada na 'catedral' do cross country olímpico galego contou coa presenza de 129 bikers. 


A Copa Galicia Enduro pechouse con Duarte e Ferreiro vencendo no Open de España de Montefaro





Os riders galegos exhibíronse o pasado domingo na Montefaro Enduro Race, antepenúltima proba do Open de España e derradeira da Copa Galicia. A elite Desiree Duarte (Condado Bike) e o elite Toni Ferreiro (Coruxo) encabezaron o festival dos corredores locais dominando as dúas clasificacións absolutas. Houbo outros catro triunfos autonómicos nesta cita organizada polo Pulpeiros Mugardos e que contou con preto de 300 participantes. 


Saúl López bate a Pablo Álvarez no IV XCO Caimanes Betanzos da Copa Galicia





Na cuarta xornada da Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO) viviuse este sábado un dos duelos máis emocionantes do que vai de temporada. Houbo que esperar ata a última volta da carreira raíña masculina para que se decantara o pulso entre o elite Saúl López (Academia Postal – Maceda) e o sub23 Pablo Álvarez (Cambre). Finalmente, o triunfo no IV XCO Caimanes Betanzos correspondeu ao representante da estructura ourensá.


Canal rozou un novo podio internacional en Albstadt





Carlos Canal (Academia Postal-Maceda) continúa relacionándose cos mellores especialistas do mundo na categoría júnior. Quinto no ranking mundial despois das dúas vitorias que leva este curso nas UCI Junior Series, o biker limiao volveu demostrar que se atopa nun sensacional estado de forma na localidade alemá de Albstadt, onde arrincou a Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO).