Novas BTT

Vídeo: resumo do Campionato de España de Enduro 2019 - Toyota Nipocar





Fai click neste enlace para ver o resumo do Campionato de España de Enduro 2019 - Toyota Nipocar emitido por Teledeporte

 

Foto: Yaiza F.P. 


VIII edición do mellor descenso urbano de España: DHU Vila de Sarria





Esta fin de semana 13 e 14 de xullo terá lugar en Sarria (Lugo) o xa consolidado Descenso urbano de MTB, proclamado por moitos como o mellor urbano de España e recentemente premiado pola Federación Galega de Ciclismo como mellor evento do ano.

Máis de 60 voluntarios fan posible que se leve a cabo un despregamento digno de calquera mega evento no que se reparten máis de 100 estruturas de madeira, as cales farán posible o espectáculo de acrobacias e velocidade que caracterizan aos participantes deste deporte.


Punzón puxo o broche final á Copa Galicia XCO en Poio





Repóker de vitorias para o gran triunfador da Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO). Jorge Punzón (Cosmos) impúxose este domingo en Poio na sétima e última xornada puntuable. Xunto ao líder elite subiron ao máis alto do podio no circuíto de Samieira outros oito gañadores finais do certame autonómico. 


Barreira revalidou o título de campioa de Europa de Ultramaratón e Márquez rozou o podio





A Pedals de Foc Non Stop proclamou este sábado aos novos campións europeos de BTT Ultramaratón, coa pontenovesa María Teresa Barreira (Castropol Deporte) defendendo con éxito a súa coroa Máster-40 A tras acadar a terceira posición na clasificación absoluta e co elite vigués Brandan Márquez (Tres Lunas Quereño) finalizando cuarto na proba masculina. 


Pellón voou como un kamikaze na apertura da Copa Galicia de Descenso





O certame máis electrizante do BTT autonómico arrancou este domingo no municipio pontevedrés de Marín, onde o Club Deportivo Kamikazes organizou a primeira xornada puntuable da Copa Galicia de Descenso. Nun percorrido de dous quilómetros con inicio na Lagoa de Castiñeiras, o máster-30 Manuel Pellón rendiu tributo ao nome da entidade organizadora. O piloto do BDM Bike Club exerceu de kamikaze... do espectáculo.