Novas BTT

Saúl López bate a Pablo Álvarez no IV XCO Caimanes Betanzos da Copa Galicia





Na cuarta xornada da Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO) viviuse este sábado un dos duelos máis emocionantes do que vai de temporada. Houbo que esperar ata a última volta da carreira raíña masculina para que se decantara o pulso entre o elite Saúl López (Academia Postal – Maceda) e o sub23 Pablo Álvarez (Cambre). Finalmente, o triunfo no IV XCO Caimanes Betanzos correspondeu ao representante da estructura ourensá.


Canal rozou un novo podio internacional en Albstadt





Carlos Canal (Academia Postal-Maceda) continúa relacionándose cos mellores especialistas do mundo na categoría júnior. Quinto no ranking mundial despois das dúas vitorias que leva este curso nas UCI Junior Series, o biker limiao volveu demostrar que se atopa nun sensacional estado de forma na localidade alemá de Albstadt, onde arrincou a Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO).


Triple éxito do DHI galego nos rankings finais do Open de España





O Gran Premio DH El Raso – Candelada puxo o punto final o domingo ao Open de España de Descenso 2019 e tres galegos adxudicáronse os maillots de gañadores dos rankings da súa categoría. Uxía Álvarez (Coruxo) impúxose na clasificación cadete feminina, Manuel Pellón (BDM Bike) na máster-30 masculina e Estefanía Cabarcos (BDM Bike) na máster-30 feminina. Ademais, Kevin Méndez (Rocasport) subiu ao podio como terceiro clasificado Sub23 neste evento celebrado na provincia de Ávila. 


A Copa Galicia DHI desvela o seu calendario





O Descenso autonómico tamén terá neste 2019 o seu propio certame. A Copa Galicia DHI constará de tres xornadas que se porán en marcha o 30 de xuño na localidade pontevedresa de Marín co VI DH Kamikazes. 


Ouro de Cabarcos, prata de Pellón e bronce de Comesaña no Campionato de Europa DHI





Tres masters galegos experimentaron a sensación de subir a un podio continental no circuíto portugués de Pampilhosa da Serra. No Campionato de Europa de Descenso (DHI), a máster-35 Estefanía Cabarcos (BDM Bike Club) colgouse o ouro, o seu compañeiro de equipo Manuel Pellón conseguiu a prata nos máster-30A e Borja Comesaña (Tres Lunas Race) fíxose co bronce nos máster-30B. Un total de quince representantes da nosa autonomía competiron nun trazado de 2.090 metros de lonxitude.