Novas BTT

Lois reforzou no Maratón Templario o seu liderado no Open de España de XCM





Lara Lois (Extol - La Gramola Team) impúxose este domingo na segunda proba do Open de España de XCM (Cross Country Maratón), o VII Maratón Templario de Jerez de los Caballeros (Badajoz), que contou coa participación de máis de 300 corredores. 

A carreira, que percorreu a dehesa da comarca e pasou polos municipios de Valuengo e Fregenal de la Sierra, concluíu na Fortaleza Templaria de Jerez, despois de que os participantes tivesen que facer fronte a 83 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo acumulado.


Borges e Duarte dominan no regreso do VigoBikeContest a Coruxo





O regreso tras os incendios do VigoBikeContest aos montes de Coruxo non puido ser máis doce na apertura da Copa Galicia de Enduro 2019. Uns circuítos excelentes para a práctica do enduro, un récord de participación con 220 riders disputando as probas e un público local entregado, animando en todos os tramos. 


Picoaga vestiuse de líder da Transgalaica en Ames e Busto repetiu triunfo





O Concello de Ames acolleu este domingo, por cuarta vez, unha proba da Transgalaica. A xornada estivo marcada polo embarrado do terreo debido ás choivas dos últimos días. Iso non impediu de todas as maneiras que os corredores gozasen dun espectacular circuíto. De maneira puntual tomaron a saída os máis de 400 corredores inscritos, dispostos a afrontar os 62 quilómetros do percorrido preparado pola xente de OEA.


A VigoBikeContest celébrase este domingo en Fragoselo con récord de participación





Este domingo dispútase en Fragoselo unha nova edición da VigoBikeContest de Enduro, cita que organiza Singletrack Outdoor Sports co patrocinio do Concello de Vigo, e que marca o inicio da Copa Galicia 2019 desta modalidade. A proba, que se celebra ininterrompidamente desde o ano 2000, conseguiu nesta edición récord de participación con 220 inscritos de Galicia, Asturias, Castela-León e Portugal.


A Copa Galicia de Enduro 2019 estréase este domingo cun calendario cheo de novidades





A primeira Copa Galicia 2019 que se pon en marcha é a de Enduro. Este domingo a VigoBikeContest abre un calendario que chega cargado de novidades. Das catro citas que compoñen este certame autonómico, dúas celebrarán a súa primeira edición.

O pano da temporada galega de Enduro levántase co VigoBikeContest regresando a súa casa. Os montes da parroquia Coruxo volven acoller unha competición que a pasada campaña tivo que cambiar de ubicación debido á tráxica vaga de incendios  sufrida meses antes no sur da nosa comunidade.