Novas Ciclocross

Calvete (Monte Xalo) sentencia a categoría master 30 da Copa Galicia de ciclocrós a falta de tres carreiras





O terceiro ciclocrós Concello de Pontevedra abriu a particular triloxía que terá a localidade do Lérez con esta disciplina ciclista tendo en conta que o escenario de Campañó tamén se disputará o Campionato de Galicia o próximo 30 de decembro e a “Illa das Esculturas” albergará entre o 11 e o 13 de xaneiro o Campionato de España.


Feijoo (Maceda) e Trabazo (Marín) gañan na "decana" do ciclocrós galego





O Ciclocrós de Boiro, a proba decana do ciclocrós en Galicia non defrauda e nas súas 32 edicións contou sempre coa valoración positiva por parte do pelotón que acode masivamente a esta cita. Neste 2018 non ia a ser menos e tamén a climatoloxía respectou o traballo realizado polo Club Ciclista Barbanza no circuito de Praia Xardín donde puidéronse ver emocionantes carreiras en todas as categorías.


O master Guillermo Álvarez (Condado) defendeu con éxito ao pavillón galego no Mundial de Mol





O ciclista galego Guillermo Álvarez (Condado Bike) pechou a súa participación no mundial de ciclocrós master cun meritorio 16º posto entre máis de medio centenar de aspirantes na categoría de 40 a 44 anos. Álvarez saíu motivado lucindo o dorsal número 1 desde a primeira liña e puido aguantar no grupo de cabeza os primeiros compases. Con todo, o empuxe dos representantes franceses e británicos foi relegando ata o posto final.


A galega Isabel Castro remata no "top ten" do mundial de ciclocrós





A ciclista ponteareana Isabel Castro (Condado Bike) finalizou na oitava praza nos Campionatos do Mundo de cicloross categoría master 2018 que se disputaron na localidade belga de Mol. A representante galega competiu no segmento de master b e completou o esixente trazado belga cun tempo de 31.46 entrando na meta á vez que a alemá Manja Pleub. A francesa Maryline Vassal ( Soreze Velo Club) foi a vencedora cun tempo de 28:52 co que revalidou un título mundial que xa obtivera a pasada tempada.


Brillante estrea de Monte Xalo como organizador do I CX de Carral





A Peña Ciclista Monte Xalo debutou como organizadora dunha cita do calendario galego de ciclocrós e fíxoo con nota alta a dicir dos participantes. Os 2,4 quilómetros de circuíto expostos polos organizadores na parroquia carralesa de San Vicente de Vigo resultaron un auténtico espectáculo para os máis de trescentos ciclistas que tomaron parte na carreira. A maioría do trazado discorreu sobre zonas de prado nunha imaxe ao máis puro estilo asturiano e á que se uniu un día frío pero asollado que fixo máis levadía a alta esixencia técnica do circuíto.