Novas Ciclocross

Carlos Canal: "Vou a dalo todo no Mundial"





Sorprendemos a Carlos Canal entre clases no instituto, entrenos nas ladeiras do Castelo de Maceda e apenas tempo para preparar as maletas antes de saír cara a Dinamarca. Así se prepara un Campión de España de ciclismo

“Aínda que estou afeito, sempre hai falta de tempo porque é difícil compaxinar todo o que hai que facer. Os estudos réstanche horas para os adestramentos e cada fin de semana gástase en viaxes e competición…”

¿Cómo te sentes?


Un novo podio de Canal na Copa do Mundo o sitúa como favorito para o mundial de Bogense





O ciclista galego Carlos Canal, volveu subir ao podio dunha proba de Copa do Mundo de  ciclocrós coa segunda praza lograda na localidade holandesa de  Hoogerheide. En vinte días Canal sumou o triunfo no Campionato de España e dous podios en Copa do Mundo o que o presenta como un dos favoritos para o Campionato do Mundo junior en Dinamarca. 


Canal logra o primeiro podio galego nunha Copa do Mundo de ciclocross.





O galego Carlos Canal luciu o recente título de Campión de España de ciclocrós cun terceiro posto na penúltima proba da Copa do Mundo disputada na localidade francesa de Pont  Chateau.


Galicia exhibe sua xeración de ouro nos nacionais de ciclocrós en Pontevedra





Catro medallas de ouro, dous de prata e dúas de bronce, foi o botín obtido polos ciclistas galegos nos Campionatos de España de Ciclocrós Pontevedra 2019. A madurez alcanzada polos ciclistas da escola do Club Ciclista Maceda foi unha inxección dourada para o equipo autonómico referendada na última xornada cos títulos nacionais do junior Carlos Canal e do sub 23 Iván Feijoo.


Galicia cólgase dúas medallas master do Campionato de España de ciclocrós





Cinco medallas de ouro para os compoñentes das seleccións de Madrid e Asturias convertéronas nas grandes triunfadoras da segunda xornada de competición do Campionato de España de  ciclocrós que ao longo da fin de semana celébrase na capital e Pontevedra coa organización da Federación  Galega de Ciclismo. Os representantes madrileños fixéronse con tres ouros e dúas platas mentres Asturias igualaba no dourado pero debía conformarse con dous bronces no día dedicado ás diferentes categorías de master ademais das probas de cadetes masculina e feminina.