Novas Ciclocross

Pontevedra xa vive o Campionato de España de ciclocrós





A cidade do Lérez será a sede do Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xaneiro. Nos últimos días estan a realizarse reunións previas para coordinar o traballo e esta fin de semana houbo unha visita do presidente da Federación Española de Ciclismo quen se reuniu cos organizadoras deportivos e institucionais do evento tralo que fixeron unha primeira presentación previa do Campionato.

Tema: 

O Rosal e Ponteareas marcan o ecuador da tempada de ciclocrós





Os distintos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós saíron reforzados das dúas últimas citas celebradas a fin de semana no Rosal e Ponteareas cando se alcanza o ecuador da tempada.


O Rosal e Ponteareas, dobre cita da Copa Galicia de ciclocrós





Tras unha fin de semana sen actividade debido ao adiamento da cita de Dumbria, a tempada de ciclocrós en Galicia volve a escena nunha dobre cita coa disputa do XXI Trofeo Montes de Eiras o sábado 17 e o I Ciclocros Ponteareas 40º Aniversario, o domingo 18.

A proba de Eiras foi presentada no Concello do Rosal nun acto presidido pola alcaldesa, María del Carmen Alonso. A principal novidade da carreira será o adianto en media hora das saídas para evitar que a escuridade caia sobre o circuíto antes de finalizar a competición tal e como ocorreu nalgunhas edicións.


Adiantanse os horarios do XXI Ciclocrós do Rosal





A organización do XXI Trofeo Comunidade de Montes dás Eiras, de acordo cos responsables técnicos da FGC, decidiron adiantar en media hora a saída oficial da proba ás 14:30 horas do sábado 17 de novembro. O motivo é evitar a rápida ausencia de luz no circuíto de Praia dás Eiras (Picones) situación que resulta máis acentuada que noutras localizacións e que provocou que en anteriores tempadas a última manga disputárase practicamente a escuras.

Deste xeito os horarios quedan establecidos da seguinte maneira:

Tema: 

Isabel Castro (Condado) comanda á armada Galega no Internacional de Karrantza





Un total de nove podios foi a bagaxe obtida polos ciclistas galegos no XXVII Ciclocrós Internacional de  Karrantza disputado esta fin de semana. Organizada pola Sociedade Ciclista Karrantza, a proba de categoría UCI  C2 deixou un enorme espectáculo deportivo e en canto a un público que acompañou aos ciclistas ao longo dun circuíto de 2.770 metros menos castigado polas choivas do habitual e que permitiu unhas carreiras moi rápidas.