Novas Ciclocross

FEIJOO E TRABAZO, CAMPIÓNS DE GALICIA DE CICLOCRÓS 2018





Iván Feijoo (Maceda) e Irene  Trabazo (Marin) coroáronse como Campións de Galicia de ciclocrós na carreira disputada na localidade Pontevedresa de Ciclocrós. Saúl López (Maceda) e Lucía Vázquez (Prorebordosa) tamén brillaron na cita autonómica apenas dez días antes da celebración na capital do Lérez do Campionato de España da especialidade. 


PONTEVEDRA COROARÁ AOS ÚLTIMOS CAMPIÓNS DE GALICIA DE 2018





A concelleira de Deporte de Pontevedra, Anxos Riveiro, foi a encargada de presentar o Campionato de Galicia de Ciclocrós en todas as súas categorías que se celebrará o domingo no circuíto do hipódromo de Campañó coa organización do Club Deportivo Pinarium e a Federación Galega de Ciclismo. A competición, que se desenvolverá a partir das 09.30 da mañá, acollerá unha proba de promoción e a disputa dun total de 16 títulos autonómicos que abarcan desde as categorías de cadete ata os master 60.


PRESENTADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCRÓS PONTEVEDRA 2019





A sede do Concello de Pontevedra foi o lugar elixido para a presentación oficial do Campionato de España de Ciclocrós 2019, que se celebrará no parque Illa das Esculturas do 11 ao 13 de xaneiro. O acto contou coa presenza destacada das dúas veces Campión de España de ciclocrós sub23 e gañador do Tour de Francia, Óscar Pereiro quen exercerá de padriño do combinado galego na competición.


A Copa Galicia de ciclocrós botou o pano en terras ourensáns





A Copa Galicia chegou ao seu punto e final coa dobre cita celebrada en Ourense: o sábado coa disputa do XI Trofeo Castelo de Maceda e o domingo o primeiro Premio Estacións Vivas en Baños de Molgas. As diferentes categorías en disputa chegaron á recta final da competición coas súas clasificacións resoltas fóra das ciclistas de categoría sub23 onde a ausencia da marinense Irene Trabazo que se atopaba correndo en Bélxica, facilitou que Zaida González (Rosal) acabase logrando a camisola de líder da súa clase.


Maceda e Baños de Molgas pechan a Copa Galicia de ciclocrós





A Copa Galicia de Ciclocross rematará en Ourense este fin de semana coa celebración de dúas probas que forman parte desta competición e que se disputarán o vindeiro sábado, 22 de decembro, en Maceda, e ao día seguinte, en Baños de Molgas.