Novas Ciclocross

Daniel López sae líder do paso da Copa Galicia de Ciclocrós por Carral e Betanzos





A penúltima fin de semana de competición da Copa Galicia de Ciclocrós 2019 tivo como escenarios os emlamados circuítos de Carral e Betanzos. Correndo preto da súa casa, o coruñés Daniel López Parada (Burgos BH) asaltou o primeiro posto da clasificación elite. O ciclista profesional de estrada defenderá o maillot de líder a vindeira fin de semana na dobre cita en terras ourensás, Verín e Maceda, coa que se pechará o certame autonómico.


Catro galegos triunfan nos rankings finais da Copa de España de ciclocrós 2019





Póker de éxitos para os galegos na Copa de España de ciclocrós. O júnior Miguel Rodríguez (Ponteareas), a sub-23 Irene Trabazo (XSM), o sub-23 Iván Feijoo (Nesta) e a máster-50 Isabel Castro (Condado) subiron ao podio este domingo en Valencia para recibir os maillots de gañadores finais dos rankings da súa categoría. A estes catro vencedores nas xerais hai que engadir a vitoria do cadete Ricardo Buba (Coruxo) no circuíto da cidade do Turia. 


Presentación do II Ciclocrós Concello de Carral





A Casa do concello de Carral acolleu o pasado luns a presentación oficial do II Ciclocrós Concello de Carral. O acto estivo presidido por Juan Carlos Muñiz Nieto, presidente da Federación Galega de Ciclismo, Julio Brandariz Seoane, presidente do club  PC. Monte  Xalo, e Francisco  J. Belo Hermida, concelleiro de deportes do concello de Carral.


Vídeo: resumo da Copa de España de Ciclocrós en Pontevedra





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido por Teledeporte da proba da Copa de España de Ciclocrós celebrada en Pontevedra.


Carla Fernández e Saúl López consolidan os seus liderados da Copa Galicia en Boiro





Na festividade da Constitución os líderes da Copa Galicia de ciclocrós impuxeron a súa lei en Boiro. O elite Saúl López (Maceda) e a sub-23 Carla Fernández (Río Miera) encabezaron este venres a nómina de gañadores da oitava xornada do certame autonómico. Un ano máis, o fermoso circuíto de Praia Xardín exerceu de escenario da proba organizada polo Club Ciclista Barbanza.