Novas Ciclocross

A fin de semana de ciclocrós en Pontevedra ábrese con Paula Díaz e Saúl López triunfando na Copa Galicia





Co IV Ciclocrós Concello de Pontevedra deu inicio este sábado a fin de semana de bicicletas e barro na cidade do Lérez. A elite asturiana Paula Díaz (Río Miera) e o elite monfortino Saúl López (Maceda) foron os grandes triunfadores na sétima xornada puntuable da Copa Galicia, unha cita que serviu de antesala para a proba da Copa de España que se celebrará este domingo.


Isabel Castro cólgase en Bélxica a medalla de bronce no Mundial Máster de ciclocrós





Na localidade belga de Mol, na provincia de Amberes, Isabel Castro subiu este venres ao podio do Campionato do Mundo Máster de ciclocrós. A corredora do Condado Bike obtivo a terceira posición na categoría 50-54 anos. Oitava clasificada no 2018 neste mesmo escenario, a actual líder da Copa de España máster-50 exhibiu o gran nivel que leva amosando durante toda a temporada. 


Pontevedra acolle esta fin de semana a Copa Galicia e a Copa de España de Ciclocross





A proba da Copa de España, que terá lugar o domingo 1 de decembro, é puntuable para que Pontevedra chegue a acoller a Copa do Mundo no futuro. Esta foi a principal idea transmitida na presentación de ambas probas esta mañá, que estivo encabezada pola concelleira de Grandes Eventos, Anabel Gulías, e polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández, acompañados polo vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto, e polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.


Pontevedra, proba decisiva na Copa de España de Ciclocrós





A cidade de Pontevedra vivirá este próximo domingo 1 de decembro coa chegada da Copa de España o seu primeiro encontro da tempada cos mellores ciclocrossistas do país, que regresarán a este emprazamento do 11 ao 13 de xaneiro para a celebración do Campionato de España 2020 da especialidade.

O Circuíto da Illa das Esculturas, que xa foi escenario do nacional o pasado ano, ben podería ser o lugar onde coñezamos o nome dos novos vencedores da Copa de España de Ciclocrós da categoría elite.


Póker de vitorias galegas na Copa de España de Alcobendas





Os especialistas galegos de ciclocrós seguen indo a máis na Copa de España e na cuarta xornada puntuable asinaron en Alcobendas a actuación con máis éxitos do curso. Catro vitorias e outros dous postos de podio dúas semanas antes de que o certame estatal desembarque en Pontevedra.