Novas Ciclocross

Isabel Castro (Condado) comanda á armada Galega no Internacional de Karrantza





Un total de nove podios foi a bagaxe obtida polos ciclistas galegos no XXVII Ciclocrós Internacional de  Karrantza disputado esta fin de semana. Organizada pola Sociedade Ciclista Karrantza, a proba de categoría UCI  C2 deixou un enorme espectáculo deportivo e en canto a un público que acompañou aos ciclistas ao longo dun circuíto de 2.770 metros menos castigado polas choivas do habitual e que permitiu unhas carreiras moi rápidas.


González (Kiwi Atlántico) e Trabazo (Marin) saen de ferrolterra máis líderes da Copa Galicia de Ciclocrós





As probas de ciclocrós de Esmelle e Ferrol serviron para pechar a semana máis esixente do calendario de competición da Copa Galicia sen que ao termo da mesma rexistrásense grandes cambios con respecto aos líderes a excepción do cambio de chaquetilla entre os máster 40, antes en mans de Xacob Agra (Louriña) e agora en posesión de Alex Trasbach (Racing). Samuel González (Kiwi Atlántico) e Irene Trabazo (Marín) completaron como líderes absolutos o triplete de probas na comarca de ferrolterra que se iniciaba o pasado xoves co ciclocrós da Laboral de Culleredo.


A Comarca de Ferrolterra acolle un novo fin de semana de ciclocrós





A Comarca de Ferrolterra recibirá esta fin de semana nos novas citas da Copa Galicia de Ciclocrós.

O sábado será a quenda do II Ciclocrós Val de Esmelle e espérase unha participación numerosa de ciclistas que aproveitarán a proximidade das dúas carreiras para facer base en O Ferrol. A primeira das tres mangas de competición en Esmelle sairá ás tres da tarde e está previsto que as carreiras conclúan pouco antes das cinco.


González (Guerciotti) e Trabazo (Marin) impoñen a sua lei en Culleredo





O complexo deportivo de Acea de Ama acolleu o II Trofeo de Ciclocrós La Laboral, quinta proba da Copa Galicia de Ciclocrós. Máis de 300 deportistas déronse cita na carreira superando os rexistros do pasado ano. Os técnicos do C. C.Cambre- Caeiro modificaron o clásico circuíto cullerdense para a ocasión conseguindo unha perfecta conxunción entre técnica e dureza.

A xornada comezaba ás 9:30 cunha carreira de promoción para nenos e nenas de 10 a 14 anos para continuar despois coas 4 mangas de competición.


Gran actuación galega na apertura da Copa de España de Ciclocrós





Moito barro e unha importante participación estranxeira foron a nota destacada da apertura da Copa de España de ciclocrós celebrou unha dobre cita no País Vasco coas probas de Llodio e Elorrio. Nestas dúas xornadas foi a master 40 Isabel Castro (Condado) a galega máis destacada ao sumar dúas vitorias e vestir a camisola de líder na súa categoría.

Iván Feijoo (Maceda) completou unha gran carreira en Llodio ao finalizar 12º absoluto, sendo segundo sub 23 detrás do francés Antoine Benoist. En Elorrio acusaba algo o cansazo e finalizaba o 19º absoluto, sendo sétimo Sub23.