Novas Ciclocross

Segunda cita para o ciclocrós galego co Trofeo Rosón Asesores en Santiago





O calendario galego de ciclocrós afronta un fin de semana con dúas probas de alto nivel: o venres, aproveitando o festivo nacional disputase no circuíto santiagués de San Lázaro unha nova edición do gran premio que organiza o equipo local do Mobles Compostela e o domingo no alto de Xaxán en Marín a primeira proba de carácter internacional que chega a Galicia da man do club ciclista Marín.


Feijoo (Maceda) e Trabazo (Marín) gañan o II CX Poio Movese e dan por inaugurada a tempada invernal





Iván Feijoo (Maceda) e Irene Trabazo (Marín Ence) foron os grandes dominadores da segunda edición do Trofeo de Ciclocros Poio Móvese, proba inaugural da tempada que tivo lugar nas instalacións da Seca no concello pontevedrés de Poio.


Anunciase o calendario da Copa Galicia de Ciclocrós 2018/19





A Copa Galicia de ciclocrós xa ten calendario definitivo para a presente tempada e abarcará desde o 7 de outubro ao 30 de decembro.

O calendario fórmano as seguintes citas:

Outubro: Poio (7), Santiago (12), Marin (14) e Porriño (27).

Novembro: Culleredo (1), Esmelle (3), Ferrol (4), Dumbria (11), O Rosal (17), Ponteareas (18), Arteixo (24), Xalo (25).


O calendario 2018-19 de ciclocrós en Galicia contará con 18 probas e o Nacional en Pontevedra





A Asemblea da Federación  Galega de Ciclismo aprobou o calendario de competición da tempada de  ciclocrós que terán lugar no último trimestre do ano.

Esta campaña contará co maior número de probas que se lembran desde hai moito tempo. En total serán 18 as que se celebren antes de afrontar o Campionato de España no que Galicia será anfitrioa ao organizarse na cidade de Pontevedra. O pasado ano foran 15 as calendadas malia que a última hora caera o Trofeo de Dumbria.


Os galegos ultimaron en Hoogerheide a súa posta a punto para o Mundial de ciclocross





No último test previo ao Mundial de ciclocross, os galegos non puideron repetir os brillantes resultados acadados sete días antes en Nommay (Francia). Esta vez, no circuíto holandés de Hoogerheide, o sub23 Iván Feijoo tivo que conformarse coa 39ª posición, o júnior Carlos Canal coa 46ª e a sub 23 Irene Trabazo coa 14ª. A novidade nesta cita foi a participación do júnior Adrián Barros, que rematou 28º.