Novas Ciclocross

A secretaria xeral para o Deporte despediu á Selección de Galicia camiño do Campionato de España de Ciclocross





A Selección de Galicia puxo este xoves rumbo á localidade guipuscoana Legazpi, onde  este venres comeza o Campionato de España Loterías de Ciclocross, e antes de abandonar o territorio autonómico mantivo un encontro en Xinzo de Limia con Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


Programa 13 da Copa Galicia: X Ciclocross Castelo de Maceda





Fai click neste enlace para ver o resumo do X Ciclocross Castelo de Maceda, Programa 13 da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

 

Foto: Luz Iglesias


Iván Feijoo e Irene Trabazo coroáronse campións de Galicia de ciclocross en Santiago





O ciclocross galego puxo o broche de ouro a súa temporada cunha xornada que se recordará polas adversas condicións atmosféricas. Con alerta laranxa por chuvia e vento o circuíto santiagués do Estadio de San Lázaro acolleu o Campionato de Galicia na mañá do último día do ano. Os sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – MMR) e Irene Trabazo (Marín Ottoman) ratificaron a súa condición de grandes dominadores autonómicos desta modalidade sobre o enlamado trazado deseñado polo Clube Ciclista Compostelano - Muebles Compostela.


O barro garante o ciclocross máis épico no Campionato de Galicia deste domingo en Santiago





A previsión meteorolóxica para este domingo, día 31 de decembro, indica que as chuvias serán intensas durante toda a xornada. Agárdase moita auga, que sumada á caída dende o inicio desta semana, convertirá o circuíto santiagués do Estadio de San Lázaro nun escenario épico para a disputa da proba máis agardada do calendario autonómico de ciclocross: o Campionato de Galicia 2017.


Programa 12 da Copa Galicia de Ciclocross: I CX Cidade de Betanzos





Fai click neste enlace para ver o resumo do I CX Cidade de Betanzos, Programa 12 da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

 

Foto: Luz Iglesias