BTT Cross Country Maratón (XCM)

A Transgalaica recalará en Silleda este domingo con máis de 400 participantes





En Silleda disputarase este domingo, con previsión de máis de 400 participantes, a cuarta proba puntuable para o circuíto Transgalaica. Os corredores darán dúas voltas a un percorrido de 31 quilómetros de lonxitude, que partirá da rúa do Parque na Bandeira para enfilar hacia Chapa, Negreiros, O Castro e Carboeiro, discurrindo polo entorno do mosteiro e o mirador da Fervenza do Toxa antes de regresar ata A Bandeira.


Lois venceu en La Capitana e sentenciou matemáticamente o Open de España de XCM





O ciclismo galego xa conta cun título de Open de España neste 2019. Lara Lois sentenciou matemáticamente o ránking elite feminino do certame estatal de Cross Country Maratón (XCM). A biker do Extol - La Gramola Team venceu con solvencia na penúltima proba puntuable, a X Maratón Capitana Javi Cabeza. 


Lois ampliou a súa vantaxe no Open de España de XCM nunha xornada inesquecible para Guerra en Cambrils





Dobre alegría para a estructura do Extol - La Gramola Team na Scott Marathon Cup de Cambrils, terceira proba puntuable do Open de España de Cross Country Maratón (XCM). Lara Lois acadou a terceira posición entre as elites e Fernando Guerra asinou o primeiro posto nos máster-30. 


Os líderes da Transgalaica non fallan na Estrada





Javier Busto (Extol-La Gramola  Team) e Isabel  Picoaga (CC 7 Voltas) continúan co seu dominio e tras a vitoria na proba da Estrada reafírmanse un pouco máis se cabe no liderado da  Transgalaica2019. Máis de 350 corredores tomaron a saída desde a céntrica Praza da Feira con destino a un rápido circuíto que prepararan desde  Bikestrada para a ocasión. A falta de choivas das últimas semanas fixo que o terreo estivese en perfecto estado e alcanzásense unhas media de velocidade inusuais para este tipo de probas.


A Estrada agarda a 400 ciclistas e a 1.500 visitantes este domingo coa terceira proba da Transgalaica





A organización da terceira proba da Transgalaica Maratón MTB Series 2019 -a proba máis relevante de bicicleta de montaña do noroeste peninsular- que se disputará na mañá do domingo 24 de marzo na Estrada confía en reunir a 400 ciclistas -de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León e o norte de Portugal- e a 1.500 persoas na vila con motivo desta carreira, patrocinada por Helvetia- Inversia Seguros e á que o lalinense Javier Busto (Extol - La Gramola Team) chega como líder tras vencer o 24 de febre


Lois reforzou no Maratón Templario o seu liderado no Open de España de XCM





Lara Lois (Extol - La Gramola Team) impúxose este domingo na segunda proba do Open de España de XCM (Cross Country Maratón), o VII Maratón Templario de Jerez de los Caballeros (Badajoz), que contou coa participación de máis de 300 corredores. 

A carreira, que percorreu a dehesa da comarca e pasou polos municipios de Valuengo e Fregenal de la Sierra, concluíu na Fortaleza Templaria de Jerez, despois de que os participantes tivesen que facer fronte a 83 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo acumulado.


Picoaga vestiuse de líder da Transgalaica en Ames e Busto repetiu triunfo





O Concello de Ames acolleu este domingo, por cuarta vez, unha proba da Transgalaica. A xornada estivo marcada polo embarrado do terreo debido ás choivas dos últimos días. Iso non impediu de todas as maneiras que os corredores gozasen dun espectacular circuíto. De maneira puntual tomaron a saída os máis de 400 corredores inscritos, dispostos a afrontar os 62 quilómetros do percorrido preparado pola xente de OEA.


Javi Busto e Silvia García gañaron a Transheroica BTT Race





Non houbo sorpresas na terceira edición da Transheroica BTT Race que se disputou esta fin de semana na Ribeira Sacra. Despois da contrarreloxo que os corredores acometeron o sábado en Chantada e da proba do domingo no Saviñao, cun circuíto de 65 quilómetros, o gañador final desta proba foi Javi Busto, do Extol La Gramola- Team, que investiu un tempo de 2:38:12 horas.


A Transheroica aposta por un novo formato





A Transheroica BTT Race duplícase neste 2019. A proba organizada polo Chantadino Master Team cambia de formato e terá dous días de competición durante a vindeira fin de semana nos montes dos concellos lucenses de Chantada e O Saviñao. O sábado pola tarde celebrarase unha contrarreloxo individual de 20 kilómetros e o domingo pola mañá unha tirada cross country maratón (XCM) de aproxidamente 65 km. 


Busto e Lois dominan na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade





Volvía unha vez máis Cotobade a dar o pistoletazo de saída da Transgalaica e facíao cun renovado circuíto, máis longo pero tamén máis rodador, o cal permitiu un maior goce dos corredores.

En categoría masculina o vencedor por terceira vez en Cotobade foi Javi Busto (Extol-La Gramola Team) secundado no podio por Manuel Casuso (Avelaíñas) e un sorprendente Estefan González (Burgas Bike Team).