BTT Cross Country Olímpico (XCO)

Vídeo: resumo do Campionato de Galicia XCO 2019





Fai click nesta ligazón para ver o vídeo resumo do Campionato de Galicia XCO 2019.


Lara Lois e Saúl López revalidan en Ares os seus títulos galegos de XCO





As coroas de reis do cross country olímpico (XCO) autonómico non cambian de propietarios. Lara Lois (Extol–La Gramola Team) e Saúl López (Academia Postal – Maceda) revalidaron os seus títulos no Campionato de Galicia celebrado este xoves no circuíto de Montefaro (Ares). A grovense e o monfortino impuxéronse nas carreiras Elite e Sub23 dunha xornada pasada por auga.


O XCO galego festexa o 25 de xullo co seu campionato en Ares





Douscentos bikers celebrarán este xoves a festividade do 25 de xullo pugnando polos maillots de campións galegos de cross country olímpico (XCO). Montefaro, no concello coruñés de Ares, será o escenario desta cita que chega días despois do Campionato de España disputado en Navarra e onde a Selección de Galicia acadou tres medallas, entre elas, o ouro na proba Team Relay. No colofón da temporada o XCO galego ten motivos para festexar. 


Punzón puxo o broche final á Copa Galicia XCO en Poio





Repóker de vitorias para o gran triunfador da Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO). Jorge Punzón (Cosmos) impúxose este domingo en Poio na sétima e última xornada puntuable. Xunto ao líder elite subiron ao máis alto do podio no circuíto de Samieira outros oito gañadores finais do certame autonómico. 


O Trofeo Federación XCO despediuse en Sanxenxo con Jorge Punzón e Desiree Fernández selando os seus títulos





A segunda edición do Trofeo Federación de Cross Country Olímpico (XCO) xa é historia. Na súa quinta e definitiva proba puntuable Desiree Fernández e Jorge Punzón defenderon con éxito a súa condición de líderes elite o pasado sábado no V XCO Sanxenxo. O porriñés do Cosmos fíxoo ao grande, anotándose o triunfo no espectacular trazado de Punta Cabicastro. 


Feijoo divírtese no seu xardín de Maceda e estréase na Copa Galicia XCO





Exercendo de anfitrión Iván Feijoo non deu ningunha opción aos seus rivais no XI BTT de Maceda. Nun circuíto que coñece como a palma da súa man, o sub23 do Academia Postal-Maceda ofreceu unha exhibición na penúltima xornada puntuable da Copa Galicia XCO. O alaricano foi un dos 136 bikers que competiron o pasado sábado nesta cita clásica do calendario autonómico. 


Trofeo Federación XCO: Pablo Álvarez acada unha vitoria con encanto en Baños de Molgas





O Trofeo Federación de cross country olímpico (XCO) realizou a súa cuarta e penúltima parada en Baños de Molgas. Neste concello ourensá celebrouse o pasado sábado o II Trofeo Estaciones Vivas, unha proba disputada nun circuíto cun encanto especial. Os bikers rodaron por un fermoso bosque autóctono onde Pablo Álvarez foi o gran triunfador. O sub23 do Cambre-Caeiro acadou a vitoria absoluta na carreira raíña e colocouse como novo líder da súa categoría. 


A calor non derreteu ao invicto Iván Feijoo no Trofeo Federación de Oroso





Tres de tres para Iván Feijoo no Trofeo Federación de Cross Country Olímpico (XCO). Nin os seus rivais nin a abafante calor do pasado sábado puideron poñer fin no concello coruñés de Oroso á imbatibilidade do sub23 do Academia Postal-Maceda. As diferenzas rexistradas na liña de meta ofrecen unha idea da dureza que se atoparon o centenar de participantes na proba organizada polo Tambre Bike. 


Punzón reforza o seu liderado da Copa Galicia XCO en Cambre





Na proba decana do calendario autonómico o actual líder da Copa Galicia XCO confirmou o seu dominio. O elite Jorge Punzón (Cosmos) venceu este sábado na XIX edición do Gran Premio Concello de Cambre BTT. A cita celebrada na 'catedral' do cross country olímpico galego contou coa presenza de 129 bikers.