BTT Descenso (DH)

Vídeo: resumo do Campionato de Galicia de Descenso 2019





Fai click nesta ligazón para ver o vídeo oficial do Campionato de Galicia de Descenso 2019 celebrado en Xunqueira de Espadanedo. 

 

Foto: Suso Lantarou


Marco Veiga e Uxía Álvarez revalidan en Xunqueira os seus títulos autonómicos de Descenso





O BTT galego baixou o pano da temporada 2019 nun escenario de luxo. O espectacular circuíto de Xunqueira de Espadanedo acolleu este domingo o Campionato de Galicia de Descenso e a última xornada da Copa autonómica. Marco Veiga (CiclosQuintena) e Uxía Álvarez (Coruxo) foron os máis rápidos no trazado ourensá deseñado polo Clube Ciclista Maceda. 


Xunqueira de Espadanedo decide por partida dobre os títulos galegos de Descenso





Chega a cita definitiva e máis importante da temporada galega de Descenso. Nunha baixada de 2,5 quilómetros poranse en xogo este domingo os títulos do Campionato de Galicia DHI e os maillots finais da Copa autonómica. O circuíto da localidade ourensá de Xunqueira de Espadanedo exercerá de xuíz por partida dobre. 

O percorrido leva o selo do Clube Ciclista Maceda e acumula 500 metros de desnivel positivo. Os pilotos que non o coñecen terán a oportunidade de descubrilo na xornada de adestramentos do sábado, entre as 15:00 horas e as 19:00. 


Xunqueira de Espadanedo mestura paisaxe, espectáculo e deporte no Campionato de Galicia de descenso BTT





O Concello de Xunqueira de Espadanedo será esta fin de semana -5 e 6 de outubro- o punto de atención dos afeccionados ao ciclismo de montaña coa celebración do Campionato de Galicia de Descenso BTT, que se desenvolverá nun espectacular circuíto, segundo organizadores e corredores, coa presenza de especialistas de primeiro nivel e na que se decidirán os campións galegos e da Copa Galicia.


Pellón mantén o seu dominio no regreso da Copa Galicia de Descenso no Páramo





O calendario autonómico de Descenso reactivouse esta fin de semana para iniciar na localidade lucense do Páramo o seu intenso final da temporada. O DHG Team organizou o DH Molinos, segunda xornada puntuable da Copa Galicia desta modalidade. Entre os 80 participantes, o máis rápido foi o máster-30 Manuel Pellón (BDM Bike Club).


A oitava edición do DHU Vila de Sarria foi un éxito de participación e asistencia





Os números non enganan, a VIII edición do mellor descenso urbano de España deixa claro que 200 riders e máis de 7000 asistentes non se equivocan. Esta pasada fin de semana tivo lugar o DHU Vila de Sarria, un auténtico éxito de asistencia, que encheron as rúas que percorren o circuíto máis extremo do descenso urbano.


VIII edición do mellor descenso urbano de España: DHU Vila de Sarria





Esta fin de semana 13 e 14 de xullo terá lugar en Sarria (Lugo) o xa consolidado Descenso urbano de MTB, proclamado por moitos como o mellor urbano de España e recentemente premiado pola Federación Galega de Ciclismo como mellor evento do ano.

Máis de 60 voluntarios fan posible que se leve a cabo un despregamento digno de calquera mega evento no que se reparten máis de 100 estruturas de madeira, as cales farán posible o espectáculo de acrobacias e velocidade que caracterizan aos participantes deste deporte.


Pellón voou como un kamikaze na apertura da Copa Galicia de Descenso





O certame máis electrizante do BTT autonómico arrancou este domingo no municipio pontevedrés de Marín, onde o Club Deportivo Kamikazes organizou a primeira xornada puntuable da Copa Galicia de Descenso. Nun percorrido de dous quilómetros con inicio na Lagoa de Castiñeiras, o máster-30 Manuel Pellón rendiu tributo ao nome da entidade organizadora. O piloto do BDM Bike Club exerceu de kamikaze... do espectáculo.


A Copa Galicia DHI lánzase este domingo en Marín





Chega a quenda dos riders de Descenso no calendario dos certames autonómicos. Este domingo arranca a Copa Galicia DHI 2019 coa localidade pontevedresa de Marín como escenario da xornada inaugural. No VI DH Kamikazes batallarase polos primeiros maillots de líderes.