BTT Enduro

Duarte (feminas), Carrera (junior) e Pérez (Master), novos Campións de España de Enduro





A biker galega Desiree Duarte proclamouse Campioa de España de btt enduro no certame celebrado na localidade Gran Canaria de Teror. A pesar da súa mocidade, a sub23 ponteareá foi a vencedora absoluta en categoría feminina despois de completar os seis tramos cun rexistro de 25:42 e máis dun minuto de diferenza sobre a elite Sandra Jorda ( Orbea) e a 1:42 da tamén sub 23 Elisabeth Breval (Vadebicis).


A selección de Galicia disposta a conquistar o nacional de btt enduro en Teror (Canarias)





A selección de Galicia acode este fin de semana a Teror (Illas Canarias) para disputar o Campionato de España de Enduro, unha modalidade na que o vigués Toni Ferreiro (Coruxo) defenderá co seu club o título absoluto obtido o pasado ano en Madrid.


Fernández (Rosal) e Pérez (Condado) proclamáronse vencedores do Open de España de Btt Enduro 2018





Mario Fernández (O Rosal) e Tony Pérez (Condado Bike) proclamáronse gañadores do Open de España de btt Enduro que celebrou a súa última cita na localidade asturiana de Tuña.


Da Costa (Condado) e Fernández (Rosal) abandeiran a representación galega na última cita do Open de España de Enduro en Tuña





O Open de España de Enduro terá unha ampla representación galega na última cita da serie que se disputará este fin de semana na localidade asturiana de Tuña. A proximidade xeográfica ha espertado o interese dun gran número de ciclistas galegos que acompañarán a aqueles que de maneira habitual disputan un Open que neste 2018 contou con seis probas.


Pérez e Duarte foron os mellores na Copa Galicia de Enduro





Coincidindo coa celebración do Campionato de Galicia de Enduro 2018 tamén se puxo o punto e final á Copa Galicia desta modalidade. Tras catro probas celebradas de xeito moi competido os mellores foron:

Cadete: Raúl MIranda (Coruxo)          Junior: Nicolás Carrera (Coruxo)           Sub23: Esteban Paz (VK Bikes)


Carrera (Coruxo) e Duarte (Condado) gañan en Vigo o Campionato de Galicia de Enduro





Como non podía ser doutra forma o barro volveu ser protagonista nunha nova edición de enduro do VigoBikeContest. Nin aprazándoo ao mes de xuño o barro quixo deixar de facer acto de presenza e puxo a proba o nivel físico e técnico dos 180 participantes que saíron a completar os 5 tramos cronometrados nos 28 quilómetros de recorrdio para tentar gañar a proba e facerse coa camisola de campións de Galicia.


Presentación do Campionato de Galicia de Enduro en Vigo





O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; os actuais líderes da Copa Galicia de Enduro masculina e feminina, Tony Pérez e Desirée Duarte (do Condado Bike A.D.), e o organizador, Guillermo Janeiro, explicou que esta é "unha proba extraordinariamente dura", e chiscou un ollo tamén á procedencia de Duarte, que é natural de Ponteareas. "É unha marca importante en ciclismo, non é un tema calquera, e liderar a Copa Galicia tampouco é tema menor". 


Duarte e Pérez (Condado) e Carrera (Coruxo) impoñense na penultima cita do Open de España de Enduro





A sub23 Desiree Duarte (Condado Bike) foi a vencedora absoluta na penúltima proba do Open de España de Enduro, a Endurama Cuenca. Duarte marcou un rexistro de 26:53, seguida de Miriam Alcántara, que marcou 27:01, quedando como terceira mellor muller Marketa Michalkova.


O Open de España de Enduro chega ao seu ecuador este fin de semana en Mugardos





As localidades coruñesas de Mugardos e Ares acollen este fin de semana o Montefaro Enduro Race, terceira proba do calendario no Open de España de Enduro.


A Copa Galicia de Enduro arrancou no Endurrazo con dobrete do Condado Bike





A sub23 Desiree Duarte e o máster-40 Tony Pérez comezaron mandando na Copa Galicia de Enduro. Os dous representantes do Condado Bike alzáronse cos triunfos nas clasificacións scratch do Endurrazo e prolongaron en Moaña a súa xeira de vitorias unha semana despois de ter vencido nas súas categorías no Open de España de La Adrada. O auxe desta modalidade en territorio galego refléxano os 205 participantes que se deron cita na proba exitosamente organizada polo THC Bike.