BTT Enduro

Histórico triplete nos juniors e dous triunfos máis para os galegos no Open de España de Enduro de La Adrada





Exitosa actuación da representación galega no La Adrada Enduro Extrem, segunda xornada puntuable do Open de España de Enduro. Nicolás Carrera (Coruxo) encabezou na provincia de Ávila o triplete dos riders da nosa comunidade na categoría júnior, con Mario Fernández (O Rosal) e Pedro Gonzalo (Bici Verde), na segunda e terceira posición respectivamente. Este resultado histórico tivo continuidade co triunfo de Desiree Duarte (Condado Bike) na clasificación feminina e do seu compañeiro de equipo Tony Pérez na máster-40. 


Mario Fernández e Tony Pérez asinaron dous segundos postos na primeira xornada do Open de España de Enduro





O Open de España de Enduro 2018 arrancou coa quinta edición da EnduBítem e en terras catalanas dous galegos subiron ao podio. Mario Fernández (O Rosal) acadou a segunda posición na táboa júnior, o mesmo posto que ocupou Tony Pérez (Condado Bike) na máster-40. 


A Copa Galicia Enduro desvela o seu calendario





Catro citas clásicas do enduro autonómico compoñen o calendario da Copa Galicia 2018 desta modalidade. A primeira delas será o VigoBikeContest, que se celebrará o 11 de marzo. As inscricións para a competición organizada polo Singletrack Outdoor Sports péchanse unha semana antes, o domingo 4. Fai click neste enlace para anotarte.


Galicia acollerá unha proba do Open de España de Enduro e outra do de BTT Ultramaratón





A Real Federación Española de Ciclismo vén de confirmar os calendarios do Open de España de Enduro e tamén do de BTT Ultramaratón. Dous certames que neste 2018 visitarán Galicia. 

O 20 de maio o Pulpeiros Mugardos C. organizará a Montefaro Enduro Race, terceira proba do Open de España de Enduro. As dúas citas puntuables anteriores serán a Endubitem (Tarragona) e a Adrada Extreme (Ávila), e posteriormente disputaranse a Endurama Cuenca e a Tuña Gravity Enduro Race (Asturias). 


O Open de Galicia - Anova de Enduro baixou o pano con vitorias de Pablo Míguez e María Calleja na Green Mountain Race de Sarria





Dous riders estrearon o seu casilleiro de triunfos na cuarta e última xornada do Open de Galicia - Anova de Enduro. Pablo Míguez (Bici O Con) e María Calleja (Planeta MTB) inscribiron o seu nome como gañadores absolutos da Green Mountain Race. Nesta proba celebrada na localidade lucense de Sarria non participou Mauro González (Salvaterra de Miño), o que aproveitou Tony Pérez (Condado Intense) para asaltar a primeira posición da clasificación scratch do certame autonómico.