BTT Enduro

Desiree Duarte encabezou o póker de triunfos galegos na despedida do Open de España de Enduro en Tuña





O Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor baixou o pano desta temporada en Tuña (Asturias), onde os riders galegos se impuxeronse en catro categorías. A sub23 Desiree Duarte (Intense) venceu na proba feminina, Tony Pérez (Intense) rematou terceiro na clasificación absoluta masculina e primeiro na máster-30, Rubén Rodríguez (Intense) venceu nos elites por diante de Mauro González (Bici O Con), e Nicolás Carrera (Coruxo) foi o mellor júnior.


Mauro González reinou no Campionato de Galicia de Enduro en Gondomar





O enduro galego ten un novo campión absoluto. Mauro González marcou o mellor rexistro no Serra do Galiñeiro e proclamouse por primeira vez na súa carreira gañador da gran cita autonómica. O elite do Salvaterra de Miño superou na clasificación scratch por 10 segundos ao máster-30 Tony Pérez (Condado Bike) e por 11" ao máster-40 José Manuel López Vaqueiro (+ Enduro).


Presentación do Campionato de Galicia de Enduro en Gondomar





Este domingo 2 de xullo terá lugar en Gondomar o Campionato de Galicia de Enduro. En total, 130 corredores tomarán a saída para disputar a segunda edición de 'Serra do Galiñeiro'.


Mauro González venceu na clasificación Elite da Big Ride Puro Pirineo





A segunda cita do Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor deixou sensacións opostas nos representantes elites galegos que se desprazaron ata a localidade oscense Castejón de Sos. Mauro González (Bici O Con) sorriu no maís alto do podio como vencedor da súa categoría e cuarto na clasificación scratch, mentres que Desiree Duarte (Condado Bike) rematou frustrada polos problemas mecánicos que lle impediron defender o seu liderado. 


O barro non freou a Mauro González no Enduro Monte Castelo do Open de Galicia - Anova





Burela estreouse no Open de Galicia – Anova de Enduro cunha xornada pasada por auga. A chuvia foi un factor clave no I Enduro Monte Castelo e Mauro González (Salvaterra de Miño) non deu opcións aos seus rivais sobre o barro. Na penúltima cita puntuable do certame autonómico, o líder elite deu un paso de xigante para a súa vitoria na xeral final.


Tony Pérez e Desirée Duarte, imparables no Open de Galicia – Anova de Enduro en Montefaro





Dobrete para os representantes do Intense Condado Bike na segunda proba puntuable do Open de Galicia – Anova de Enduro. O máster-30 Tony Pérez e a elite Desirée Duarte marcaron os mellores tempos nas clasificacións absolutas da Montefaro Race by Cabreiroá & Ciclos Roca. A segunda posición na táboa masculina ocupouna Mauro González (Salvaterra de Miño), que se sitúa como novo líder nos elites.


O Open de Galicia - Anova de Enduro celebra a súa segunda xornada coa Montefaro Enduro Race by Cabreiroá & Ciclos Roca





Este domingo regresa o Open de Galicia - Anova de Enduro coa súa segunda xornada puntuable. Os montes das localidades coruñesas de Mugardos e Ares serán o escenario da Montefaro Race by Cabreiroá & Ciclos Roca.  As inscricións pecháronse con 176 riders anotados para participar no evento organizado polo Club Del Mar de Mugardos. 


Os campións de España dominaron no inicio do Open de Galicia – Anova de Enduro en Moaña





Arrancou o Open de Galicia – Anova de Enduro cos mellores especialistas da “Armada Galega” exhibindo o seu poderío. Entre os 230 inscritos no Endurrazo sobresaía a presenza de tres vixentes campións de España, que non defraudaron na localidade pontevedresa de  Moaña. Toni Ferreiro (Merida) adxudicouse a clasificación elite masculina, Desiree Duarte (Intense) a feminina e Tony Pérez (Intense) a master-30.


O Open de España de Enduro comezou con dominio galego





O Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor comezou este domingo na localidade malagueña de Ojén con tres galegos subindo ao máis alto do podio. Toni Ferreiro (Merida Bikes) e Desiree Duarte (Intense) impuxéronse nas clasificacións Elite e Toni Pérez (Condado Bike) na Master-30. A este triple triunfo hai que engadir o segundo posto acadado polo junior Nicolás Carrera (Coruxo).


O Open de Galicia de Enduro presenta catro probas e abre inscricións para a primeira





Achégase o remate da conta atrás para o inicio do Open de Galicia de Enduro 2017, un certame que este ano constará de catro probas puntuables.

O seu calendario definitivo é o seguinte: