BTT Enduro

O Open de Galicia de Enduro pechouse en Budiño con vitoria do campión Óscar Martínez





Rematou a temporada de BTT en territorio galego e fíxoo sen sorpresas na última xornada do Open de Galicia de Enduro. Óscar Martínez del Campo conseguiu no Enduro BTT Faro de Budiño a súa cuarta vitoria do curso. O rider elite do Xtrembike chegou a esta cita no concello pontevedrés do Porriño co título asegurado matemáticamete e tampouco se rexistrou ningún cambio de líder nas outras seis categorías deste certame.


O Open de Galicia de Enduro baixa o pano en Budiño





O calendario de BTT en Galicia da temporada 2016 chega a súa conclusión este domingo no Porriño. O Open autonómico de Enduro vivirá a súa última xornada puntuable despois de que durante as últimas semanas xa remataran os certames do resto de modalidades de bicicleta de montaña: Cross Country olímpico (XCo), BTT-Maratón (XCM) e Descenso (DHi).


Tony Pérez e Desirée Duarte, vencedores do I Enduro Serra do Galiñeiro





Gondomar, 25 de setembro de 2016. O vigués Tony Pérez, do equipo Intense Store, proclamouse campión na sexta proba do Open de Galicia de Enduro. O corredor olívico completou os cinco tramos cronometrados da carreira en 23:25, oito segundos por diante de Óscar Martínez, o segundo clasificado. "Era o que viña buscar, viña pelexar pola xeral, saio con esa intención en case todas as carreiras; nunhas hai máis opcións e noutras menos.


O Open de Galicia Enduro entra no seu treito final na Serra do Galiñeiro





Este domingo celébrase a sexta penúltima proba puntuable para o Open de Galicia Enduro 2016.  O clube +Enduro MTB organiza o Enduro Serra do Galiñeiro na parroquia de Vincios , no concello pontevedrés de Gondomar, que contará con preto de cen participantes e vivirá o seu pistoletazo inicial ás 08:30 horas. Óscar Martínez (Xtrembike) e Eva Abadín (Barbanzabike) defenderán os seus primeiros postos nas clasificacións elite.


Tony Pérez e Desirée Duarte conquistaron o Campionato de Galicia de Enduro en Moaña





O máster-30 Tony Pérez e a elite Desirée Duarte foron os máis rápidos no campionato de Galicia de Enduro BTT celebrado este domingo na localidade pontevedresa de Moaña. O vigués do Laesports impúxose por diante de dous riders elite, o seu compañeiro de equipo Rubén Rodríguez e de Mauro González (Salvaterra), mentres que a representante do Bioracer bateu a Lucía Vázquez (Maiatos) e a Eva Abadín (Barbanzabike).


Tony Pérez fíxose co título Master-30 do Open de España de Enduro





A clasificación xeral Master-30 do Open de España Cannondale Big Ride Powered By Rotor veuse para Galicia. Tony Pérez certificou a súa vitoria impoñéndose na cuarta e última xornada deste certame celebrada na localidade oscense de Castejón de Sos. O representante do Laesport CD-Intense Store foi o mellor da súa categoría nesta cita nos Pirineos e ocupou a quinta posición na táboa scratch, xusto por diante do seu compañeiro de equipo Rubén Rodríguez, sexto na sctach e cuarto na elite. 


O portugués Borges e a ponteareá Duarte, os máis fortes no Open de Galicia Enduro de Salceda





A quinta xornada do Open de Galicia Enduro celebrada na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas tivo un vencedor de prestixio internacional. O portugués José Borges (BH Gravity Team), corredor que disputa as World Series, conseguiu unha vitoria que non lle puxeron nada fácil os riders galegos. Óscar Martínez (Xtrembike-Cannondale), segundo clasificado, continúa no máis alto da xeral do certame autonómico, mentres que en féminas se impuxo a ponteareá Desiree Duarte (Leioa Txirrintxu Elkartea) por diante de Eva Abadín (Barbanzabike), que mantivo a camisola de líder.