BTT Enduro

Óscar Martínez e Rebeca González triunfaron no Open de Galicia de Enduro en Gondomar





O Open de Galicia de Enduro regresou con forza na comarca pontevedresa do Val Miñor. Os riders elite Óscar Martínez del Campo (Xtrembike-Cannondale) e Rebeca González (Komanche) venceron na terceira edición do Circuíto Concello de Gondomar. Despois de catro xornadas celebradas do certame autonómico, o nigranés sitúase ao fronte da clasificación masculina, mentres que en mulleres Eva Abadín (Barbanzabike) conserva o maillot de líder. 


Toni Ferreiro dominou o Open de Galicia de Enduro na Cañiza





Marcando o mellor tempo en todos os treitos, o vigués Toni Ferreiro alzouse coa vitoria na I Transivan Auto Enduro MTB, terceira proba do Open de Galicia de Enduro 2016 disputada na localidade pontevedresa da Cañiza. O representante do XMS Racing Squad impúxose por diante de Rubén Rodríguez (Laesport), que pasa a encabezar a clasificación do certame autonómico. En féminas, Eva Abadín (Barbanzabike) reforzou o seu liderado acadando o seu primeiro triunfo desta temporada. 


Toni Pérez e Eva Abadín asumiron en Mugardos os maillots de líderes do Open de Galicia de Enduro





A Montefaro Enduro Race 2016 by Cabreiroá & Ciclos Roca deixounos este domingo un cambio de líderes no Open de Galicia de Enduro. Toni Pérez (Laesport) e Eva Abadín (Barbanzabike) pasan a encabezar as clasificacións xerais despois da disputa da segunda das cinco probas que compoñen este certame. Roberto Rodríguez (Club do Mar de Mugardos) e Susana Rodríguez (Límite Bierzo) alzáronse co triunfo na cita organizada polo Club do Mar de Mugardos.


Óscar Martínez e Eva Castro, vencedores da Vigo Bike Contest e primeiros líderes do Open de Galicia de Enduro





A décimo sexta edición do VigoBikeContest volveu poñer onte de manifesto que os montes de Coruxo son unha referencia no mountain bike. O xa emblemático circuíto dos montes vigueses, que aguantou perfectamente as choivas caídas nos últimos días, puxo a proba a case 200 ciclistas, sobre un trazado de 28 quilómetros e máis 1.300 metros de desnivel acumulado, no que os participantes debían completar 5 tramos cronometrados marcados pola organización.


O Vigo Bike Contest deste domingo abre o Open de Galicia de BTT Enduro





Este domingo día 6 de marzo a Vigo Bike Contest, organizada por Singletrack Outdoor Sports,  dará o bandeirazo de saída á segunda edición do Open de Galicia de BTT Enduro

As outra catro xornada deste certame son:


Toni Ferreiro anotouse en Ponteareas a vitoria na primeira proba do Open NorthEnduro MTB Xtrembike – Cannondale





A temporada de competición nos montes galegos abriuse coa II Toyota Ibericar Auto, primeira xornada do Open NorthEnduro MTB Xtrembike – Cannondale, celebrada o domingo 21 de febreiro na localidade pontevedresa de Ponteareas. Toni Ferreiro (XMS Racing Squad C.D.E.), actual campión de España desta modalidade, cumpriu cos pronósticos e acadou unha incontestable vitoria. José Manuel Groba (Xtrembike) e Antonio Pérez (Laesport) completaron o podio nunha cita que contou con cerca de 200 participantes.


A Toyota Ibericar Auto abre esta fin de semana en Ponteareas o Open de Enduro MTB Xtremebike-Cannondale





O calendario de BTT Enduro arranca na vindeira fin de semana, 20 e 21 de febreiro, coa II Toyota Ibericar Auto-Gran Premio Concello de Ponteareas que marca o inicio do Open Enduro MTB 2016 XTREMEBIKE-CANNONDALE.

A primeira edición deste certame consta de tres probas na provincia de Pontevedra. A segunda será o I Restaurante Os do Resero Enduro MTB, Gran premio Concello A Cañiza (7 e 8 de maio) e a terceira o I Alonso & Serodio Seguros Enduro MTB Gran Premio Concello Salceda de Caselas (11-12 de xuño).