MINI DH

Máis de 100 nenas e nenos disputarán o Mini DHU Mondariz





Este sábado celebrarase o I Mini DH Urbano adicado a Borja Gómez Méndez. Trátase da primeira das oito probas que compoñes as Mini DH Galicia Series, unha aposta das escolas galegas por impulsar o Descenso galego, que se atopa en momentos baixos.

Estas oito probas disputaranse ao longo de catro meses, onde nenas e nenos da nosa comunidade e de fóra poderán iniciarse no DH. No caso de Mondariz, xa se pecharon as inscrición chegando a ser 113 as nenas e nenos que gozarán dunha carreira pensada para eles na vila da auga. 


Nacen as Mini DH Galicia Series





Por primeira vez na historia o ciclismo galego conta cun amplo calendario de Mini DH e en catro meses celebraranse oito eventos de Descenso para cativos e cativas na nosa comunidade. Nacen as Mini DH Galicia Series, unha nova aposta pola canteira desta disciplina que reflicte o bo traballo que se está a realizar nas escolas. O futuro do descenso vívese en Galicia.