Carretera Ruta

Canal dá o salto dende a categoría júnior á profesional para correr no Burgos-BH





O Campión de España de Ciclocrós e XCO en categoría júnior correrá a temporada de barro coas cores do Burgos-BH e disputará tamén as probas de estrada en 2020 e 2021


Vídeo: resumo do III Trofeo Cidade de Pontevedra - Memorial Rogelio Acuña





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido na segunda canle da TVG do III Trofeo Cidade de Pontevedra - Memorial Rogelio Acuña, última proba da Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23 2019 


A Copa Galicia de Ciclocross comezou en Poio con Ana Santos e Jacobo Ucha marcando a pauta





Catrocentos ciclistas estrearon este domingo a Copa Galicia 2019 no III Ciclocross Poio Móvese. A primeira das catorce xornadas do certame autonómico tivo como grandes triunfadores á júnior portuguesa Ana Santos e ao elite porriñés Jacobo Ucha (Marcisport). Outros doce corredores subiron ao máis alto do podio no circuíto da Seca. 


Martín Bouzas dá o salto ao campo profesional co Kern Pharma





Un ciclista galego estrearase no pelotón profesional na temporada 2020. Martín Bouzas defenderá as cores do Kern Pharma, nova formación UCI Continental española posta en marcha pola Asociación Deportiva Galibier, a estrutura do conxunto elite e sub23 navarro do Lizarte. Catro medallas nas súas catro participacións no Campionato de España Sub23 de CRI avalan ao corredor de Rois.


Resumo do Campionato de Galicia 2019 Cadete, Júnior e Feminino de estrada





Fai click nesta ligazón para ver o resumo do Campionato de Galicia 2019 Cadete, Júnior e Feminino de estrada emitido pola segunda canle da TVG


Dous segundos danlle a Márquez a Volta en San Roque





Final de infarto este domingo no desenlace da decimo oitava edición da Volta a Galicia. O líder Martí Márquez chegaba á última xornada con 27 segundos de vantaxe sobre Alejandro Ropero e acabou salvando o maillot amarelo por 2” no alto de San Roque, en Viveiro. O andaluz do Kometa puxo contra ás cordas ao catalán do Lizarte formando parte do cuarteto que se destacou na ascensión de primeira categoría onde o portugués Patrick Videira (Fortunna/Maia) se anotou o triunfo de etapa.


Mediero e Ucha firman un dobrete para o Vigués en Curtis e Márquez sitúase líder





A terceira e penúltima xornada da Volta a Galicia tivo tres triunfadores este sábado na localidade coruñesa de Curtis. O gañador Roberto Mediero e o segundo clasificado Jacobo Ucha, ambos do Club Ciclista Vigués, cruzaron a liña de meta erguendo os brazos. A roda dos dous galegos entrou Martí Márquez (Lizarte). O catalán asaltou o primeiro posto da xeral e chega con 27 segundos de vantaxe á última etapa na que o Alto de San Roque, de primeira categoría, exercerá de xuíz definitivo en Viveiro.


Retransmisión en directo da 3ª etapa da Volta a Galicia





A terceira etapa da Volta a Galicia, Teixeiro-Curtis, poderá seguirse este sábado en directo a través da páxina web oficial da carreira: http://www.voltagalicia.com/directo/


Montenegro imponse en Baiona e Ropero vístese de amarelo





O primeiro contacto coa montaña da Volta a Galicia decidiuse cun final axustado en Baiona. Jorge Martín Montenegro foi o máis rápido dun cuarteto que se presentou na liña de meta da segunda etapa con catro segundos de vantaxe sobre o pelotón. O ciclista arxentino do Aluminios Cortizo de Padrón superou ao esprint a Jacobo Ucha (Vigués) e a terceira praza ocupouna o novo líder, o andaluz Alejandro Ropero (Kometa), que desbancou do máis alto da xeral a Roger Adriá (Lizarte).