Carretera Ruta

Retransmisión en directo da 3ª etapa da Volta a Galicia





A terceira etapa da Volta a Galicia, Teixeiro-Curtis, poderá seguirse este sábado en directo a través da páxina web oficial da carreira: http://www.voltagalicia.com/directo/


Montenegro imponse en Baiona e Ropero vístese de amarelo





O primeiro contacto coa montaña da Volta a Galicia decidiuse cun final axustado en Baiona. Jorge Martín Montenegro foi o máis rápido dun cuarteto que se presentou na liña de meta da segunda etapa con catro segundos de vantaxe sobre o pelotón. O ciclista arxentino do Aluminios Cortizo de Padrón superou ao esprint a Jacobo Ucha (Vigués) e a terceira praza ocupouna o novo líder, o andaluz Alejandro Ropero (Kometa), que desbancou do máis alto da xeral a Roger Adriá (Lizarte).


Retransmisión en streaming da 2ª etapa da Volta a Galicia





As etapas da Volta a Galicia poderán seguirse en streaming a través da canle de YouTube de EME Sports: https://www.youtube.com/watch?v=t3L2j8KpHcA


Lizarte vence pola mínima na contra o reloxo por equipos inaugural da Volta a Galicia en Baiona





Roger Adriá, corredor catalán do Lizarte, vestiuse na localidade pontevedresa de Baiona co primeiro maillot amarelo de líder da Volta a Galicia. A formación navarra impúxose na contra o reloxo por equipos inaugural por unha exigua diferenza nos 8,3 quilómetros de recorrido. O seu rexistro de 8:45 rebaixou nun segundo o asinado polo Kometa. O Supermercados Froiz rematou terceiro e como mellor conxunto galego.


Retransmisión en streaming da 1ª etapa da Volta a Galicia





As etapas da Volta a Galicia poderán seguirse en streaming a través da canle de YouTube de EME Sports https://www.youtube.com/watch?v=RmuP78uZPk8


A Volta a Galicia celebra desde este xoves a súa maioría de idade cun espectacular percorrido





Unha contra o reloxo por equipos dará este xoves en Baiona o bandeirazo inicial á XVIII Volta Ciclista a Galicia para corredores Elite e Sub23. A gran rolda autonómica alcanza a maioría de idade e celebrarao indo do sur ao norte da comunidade, dende o Atlántico ata o Cantábrico, en catro xornadas de máxima esixencia. Un espectacular percorrido no que 119 ciclistas de dezasete equipos loitarán por suceder a Sergio Vega no palmarés da carreira que pecha o calendario amateur español.


Ballesteros adxudicouse o Trofeo Cidade de Pontevedra no peche da Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23





Correr sen compañeiros de equipo non foi obstáculo para que Miguel Ángel Bastelleros se impuxera este domingo no III Trofeo Cidade de Pontevedra - Memorial Rogelio Acuña, terceira e última proba puntuable da Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23. O murciano do Valverde Team ergueu os brazos por diante de Rubén Fernández (Cycling Galicia). Roberto Mediero (Vigués) completou o podio na cita organizada polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz. 


Presentada en Curtis a terceira etapa da XVIII Volta a Galicia





O municipio coruñés de Curtis xa vive a XVIII Volta a Galicia. Este venres presentouse na praza do concello en Teixeiro a terceira etapa da rolda autonómica, que se disputará o sábado 21 de setembro.

Nesta penúltima tirada da volta os corredores terán que completar 151 quilómetros. A saída darase ás 13:00 horas na Praza de España, en Teixeiro, e a chegada está prevista ao redor das 17:00 horas na Avenida Principal de Curtis. 


Lete Lasa presenta a XVIII Volta Ciclista que "mostra a Galicia en todo o seu esplendor"





O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, presentou na mañá deste xoves a XVIII edición da Volta Ciclista a Galicia que terá lugar do 19 ao 22 de setembro. O mandatario galego subliñou a importancia da “proba raíña do ciclismo galego” que “mostra a Galicia en todo o seu esplendor” dinamizando e promovendo “os nosos tesouros naturais máis cotizados” ao longo dos seus 450 quilómetros.


O Trofeo Cidade de Pontevedra decide este domingo a Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23





Na antesala da Volta a Galicia, este domingo resolverase a Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23. O certame autonómico celebra a súa terceira e última clásica puntuable, o III Trofeo Cidade de Pontevedra - Memorial Rogelio Acuña. O elite Jorge Martín Montenegro (Aluminios Cortizo) e o sub23 Alejandro Gómiz (Mutua Levante) chegan como líderes dos rankings á proba de 100 kilómetros de percorrido organizada polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz.