Carretera Ruta

Cadetes, juniors e mulleres buscan os títulos autonómicos de estrada este sábado en Monforte





Douscentos corredores daranse cita este sábado en Monforte para pugnar polos títulos autonómicos de estrada que aínda non foron adxudicados neste 2019. Na capital da comarca de Lemos poranse en xogo as coroas cadetes e juniors masculinas, así como as das categorías femininas dende cadetes ata masters. O evento, que arrancará ás 15:00 horas, presentouse este mércores na casa consistorial da cidade do Cabe. 


Clasificación final do Trofeo Asturcántabrogalego 2019





A terceira edición do Trofeo Asturcántabrogalego para ciclistas cadetes estivo dominada por David Gimeno. O representante do Isidiro San Justo foi o corredor que máis puntos sumou despois da celebración das catro probas das que constou este certame: Gran Premio San Roque (Galicia), Gran Premio Santa Ana (Cantabria), Premio Cadete Langreo (Asturias) e Subida Ciclista a la Cueva de la Peña (Asturias). 

Rubén Fandiño, do Zona Cycling, rematou cuarto e situouse como o mellor galego na xeral final. 


Vídeo: resumo do Campionato de Galicia Máster 2019





Fai click nesta ligazón para ver o vídeo resumo do Campionato de Galicia Máster de estrada 2019 

 

 


Rubén Fernández e Manuel Prieto báñanse en prata nas probas en liña do Campionato de España Máster





Os Campionatos de España Júnior e Máster de estrada 2019 arrancaron este sábado na localidade asturiana de Grado con dous corredores galegos subindo ao podio. Rubén Fernández (Norinver) logrou a medalla de prata na proba en liña da categoría Máster-40A e o mesmo resultado obtivo o seu compañeiro de equipo Manuel Prieto na carreira máster-60A.


Saúl Martín, Iván Villar e Alfonso Fernández selaron en Boiro os seus títulos da Copa Galicia Máster





A segunda edición da Copa Galicia Máster pechouse este domingo en Boiro co IV Trofeo Patrocinador. Na cuarta e definitiva xornada puntuable do certame autonómico os tres corredores que portaban os maillots de líderes defendéronos con éxito. O máster-30 Saúl Martín (Villaviciosa-Mayador), o máster-40 Iván Villar (Villaviciosa-Mayador) e o máster-50 Alfonso Fernández (Orensano) selaron os seus títulos na proba organizada polo Club Ciclista Jealsa Barbanza e o Concello de Boiro.


Veloso remata terceiro na Volta a Portugal





O W52-FC Porto conquistou por sexto ano consecutivo a Volta a Portugal, pero nesta ocasión non o fixo por medio do seu dorsal 1. Gustavo César Veloso rematou terceiro na 81ª edición da Grandíssima que dominou o seu compañeiro de equipo João Rodrigues. O corredor luso arrebatou o xersei amarelo ao seu compatriota Joni Brandão (Efapel) na contra o reloxo final en Porto.


Veloso terá que remontar 40 segundos na contra o reloxo final para gañar a Volta a Portugal





A 81ª Volta a Portugal decidirase na contra o reloxo final de 19,5 quilómetros deste domingo en Porto. Tres corredores optan á vitoria na xeral. Un deles, o que menos opcións ten, é Gustavo César Veloso (W52-FC Porto). O vilagarcián volveu ceder tempo este sábado na tirada raíña con final no santuario da Senhora da Graça e para adxudicarse a súa terceira Grandíssima necesita remontar 40 segundos aos dous corredores lusos que están igualados no máis alto da clasificación, o líder Joni Brandão (Efapel) e João Rodrigues (W52-FC Porto).


Veloso paga a súa caíde e cede o amarelo na Serra do Larouco





O día despois de irse ao chan dentro do último quilómetro, Gustavo César Veloso perdeu este xoves o liderado na sétima etapa da Volta a Portugal. Mermado físicamente, o vilagarcián do W52-FC Porto non puido respostar ao ataque do portugués Joni Brandão (Efapel) no treito final da subida á Serra do Larouco. O galego cae á terceira praza da xeral, a 15 segundo do novo xersei amarelo.


Marque acariciou a vitoria antes da xornada de descanso na Volta a Portugal





O día despois de despedirse da loita polo podio da Volta a Portugal, Alejandro Marque acariciou a vitoria. O estradense do Sporting-Tavira filtrouse este luns na fuga que se xogou o triunfo da 5ª etapa e rematou segundo na subida final de 3ª categoría en A Guarda. Entre os primeiros da xeral houbo mínimas diferenzas, con Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) chegando vestido de líder á xornada de descanso. 


Veloso reforza o seu liderado no Alto da Torre





O W52-FC Porto escenificou este domingo a súa superioridade na subida máis emblemática da Volta a Portugal. O conxunto que capitanea o galego Gustavo César Veloso asinou un dobrete no cumio do Alto da Torre, co ciclista de Bamio entrando en segunda posición e reforzando a súa condición de líder despois de 145 quilómetros de percorrido.