Carretera Ruta

Alves enfundouse en Carballo a primeira camisola de líder da Copa Galicia de Estrada Júnior





A segunda e definitiva xornada da Challenge de Carballo abriu o calendario da Copa Galicia de Estrada Júnior e a primeira camisola de líder marchouse para Portugal. Marco Antonio Alves (Tensai) foi o vencedor do Trofeo Carballo. O luso impúxose ao esprint nun grupo de seis unidades por diante de Guillermo Fernández (Ciudad de Oviedo) e Manuel Rodríguez (Ponteareas).


Carballo decide este domingo o primeiro líder da Copa Galicia de Estrada Júnior





A Copa Galicia de Estrada Júnior entra en escena no calendario autonómico. Este domingo, na segunda xornada da Challenge Júnior de Carballo, porase en xogo o primeiro maillot de líder. Será a cita inaugural dun certame que consta doutras dúas carreiras puntuables. 


A júnior Carla Fernández subiu ao podio no Trofeo Baja Andarax da Copa de España





A viguesa Carla Fernández demostrou as súas dotes de escaladora na segunda proba puntuable da Copa de España Féminas Cofidis de estrada. No final en alto da Sierra de Alhamilla a corredora júnior do Río Miera - Meruelo finalizou terceira. Este resultado conseguido na provincia de Almería catapultouna na clasificación xeral do certame estatal ata a cuarta praza.


Eladio Jiménez adxudicouse a Volta a Lugo Máster





O exprofesional salmantino Eladio Jiménez triunfou na clasificación xeral da Volta a Lugo Máster. O máster-40 do Norinver estivo escoltado por José Ignacio Méndez (Garaje Paco) e Rubén Fernández (Norinver), segundo e terceiro respectivamente, no podio da cuarta edición deste evento organizado polo Clube Ciclista Chantadino e que contou coa participación de 190 corredores. 


A Volta a Lugo Máster celebra esta fin de semana a súa cuarta edición





Con tres etapas en dúas xornadas a Volta a Lugo Máster apoderarase esta fin de semana das estradas da Ribeira Sacra. O Club Ciclista Chantadino organiza a cuarta edición deste evento que agarda reunir a preto de 200 corredores. O prazo para inscribirse en emesports.es péchase este xoves, día 28, ás 23:00 horas.


A Copa Galicia de Estrada Máster terá cinco citas puntuables





O IV Memorial Fernando Abad dará o bandeirazo de saída o domingo 24 de marzo en Sigüeiro á segunda edición da Copa Galicia de Estrada Máster. O calendario 2019 deste certame autonómico presenta outras catro probas puntuables. 

Na primeira fin de semana de abril, o domingo 7, disputarase o VII Trofeo De Ciclismo Concello da Estrada. Tras arrancar con dúas carreiras en quince días, a Copa vivirá unha paréntese e regresará con forza a principios de xuño.


O X Circuíto Teense inaugurou a temporada máster en Galicia





Coa décima edición do Circuíto Teense arrancou o pasado domingo o calendario de estrada para os corredores masters galegos.  O máster-30 José Ignacio Méndez (Garaje Paco) , o máster-40 Rubén Fernández (Norinver), o máster-50 Juan Adolfo Fernández (Máster da Louriña) e o máster-60 Manuel Vigo (Bicis Oliveira) foron os primeiros vencedores da temporada 2019. 


Tres conxuntos galegos inician a súa participación na Copa de España Elite-Sub23





O Circuito Guadiana abre este domingo a Copa de España de estrada Elite-Sub23 con tres conxuntos galegos na liña de saída. O Supermercados Froiz, o Vigo-Rías Baixas e o Aluminios Cortizo afrontan coa máxima ilusión este certame reservado para corredores Sub-25 e composto por nove probas puntuables

As primeiras camisolas de líderes poranse en xogo en terras extremeñas sobre un percorrido de 172 kilómetros, con inicio e final na localidade pacense de Don Benito. 


Marque e López Parada disputan desde este mércores voltas HC





Dobre cita no sur da Península Iberíca desde este mércores para dous dos ciclistas profesionais galegos. O coruñés Daniel López Parada (Burgos BH) participa na 65ª Vuelta a Andalucía - Ruta del Sol e o estradense Alejandro Marque (Sporting Tavira) forma parte do pelotón da 45ª Volta ao Algarve. López parada continúa en Andalucía o seu periplo polo sur de España despois de disputar a pasada semana a Vuelta a la Región de Murcia e a Clásica de Almería.


Froiz, Cortizo e Rías Baixas compiten no XX Memorial Sanroma en terras manchegas





Supermercados Froiz, Rías Baixas e Aluminios Cortizo disputan esta fin de semana o XX Memorial Sanroma en terras manchegas.